Historia do Centro

 O CEIP Santa María foi construído grazas á aportación económica dos emigrantes das Pontes na Habana. Inaugurouse como grupo escolar o 28 de xullo de 1929.


Ao ser un edificio antigo, foi obxecto de varias remodelacións nos anos 1965, 1971 e 1978.


Conta cunha gran tradición na vila. A el asisten fillos, netos e bisnetos de antigos alumnos. Tamén algunhas das súas mestras fixeron os seus primeiros estudos neste centro.


Estas son fotografías da súa construción e inauguración.