Orientación
LILI PRESENTA ACTIVIDADES DENDE O BLOG PARA ESTES DÍAS DE #QUEDANACASA.
Enviado por Anónimo o Mér, 03/18/2020 - 11:41
Aínda que estamos en momentos especiais e de quedar na casiña a nosa biblioteca segue funcionando para que poidades gozar de múltiples actividades dende os vosos fogares. Se premes no seguinte enlace poderás acceder ao noso blog de Bibliolili onde Lili propoñeravos moitas sorpresas durante estes días! Anímate a participar!
http://bibliolili.blogspot.com/
CELEBRAMOS O NADAL
Enviado por Anónimo o Mar, 01/07/2020 - 20:07Este ano celebramos un nadal moi especial. Ademais das actuacións no cine onde representamos como novidade a obra "El Cascanueces", tivemos a visita especial de Papá Noel. Como tradición sacamos as fotos na árbore da entrada este ano decorada como unha estrela de cine. Deixámosvos unhas fotiños como mostra do moito que gozamos!
OBRA DE TEATRO PARA FOMENTAR A IGUALDADE DENDE O CONCELLO
Enviado por Anónimo o Dom, 12/08/2019 - 13:26
DÍA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO
Enviado por Anónimo o Dom, 12/08/2019 - 13:18O pasado luns 25 de novembro celebramos unha emotiva xornada en contra da violencia de xénero cunhas actividades de sensibilización como as que podedes observar a continuación.
HOCKEY
Enviado por Anónimo o Dom, 12/08/2019 - 13:05O alumnado de Educación Primaria nas clases de Educación física gozou da compañía de deportistas pertencentes ao clube de Hockey. Aprenderon moito xogando!
VISITA AO CONCELLO
Enviado por Anónimo o Dom, 12/08/2019 - 12:53Durante o primeiro trimestre unha das saídas que se realizaron foi a Visita ao Concello polo alumnado de 1º e 2º de Educación Primaria; coincidindo cos nosos compañeiros e compañeiras do CEIPP A Fraga. Aprendemos un montón!
Samagosteen
Enviado por Anónimo o Dom, 12/08/2019 - 12:00O pasado 30 de outubro celebramos a festa de Samagosteen no nosos centro. Esta festa como todos os anos une as tradiciónais Halloween, Magosto e Samaín nunha soa celebración. Este ano gozamos dunha merenda agasallo da ANPA que estaba moi boa. Ademais de participar en diferentes xogos populares e adornar as cabazas, o noso alumnado gozou na biblioteca dun "Teatro de Sombras" que nos encantou! Aquí tedes unha pequena mostra do ben que o pasamos!
AVALIACIÓN INDIVIDUALIZADA DE TERCEIRO CURSO DE EDUCACIÓN PRIMARIA
Enviado por Anónimo o Sáb, 05/11/2019 - 07:45O vindeiro luns 14 de maio ás 16:00 horas terá lugar unha reunión coas familias de 3º de Educación Primaria sobre a Avaliación Individualizada. Preme na foto para obter máis información.
XOGOS ARTE
Enviado por Anónimo o Lun, 03/25/2019 - 12:01ATRÉVESTE A PARTICIPAR NESTE XOGO SOBRE ARTE?
PINCHA AQUÍ E PON A PROBA TODO O APRENDIDO!
https://view.genial.ly/5c94d6a268711f76b99fa84f
DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES
Enviado por Anónimo o Mar, 11/18/2025 - 23:00O 24 de outubro celebramos o "Día das Bibliotecas Escolares". Como todos os anos puxemos a camiñar as mochilas viaxeiras dos diferentes curso, este ano con novidades como os e-book para Primaria e as tablets en Educación Infantil. Ademais aproveitouse para agasallar cos carnets de biblioteca ao novo alumnado e profesorado amenizando a xornada con diferentes actividades lúdicas.