DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES

O 24 de outubro celebramos o "Día das Bibliotecas Escolares". Como todos os anos puxemos a camiñar as mochilas viaxeiras dos diferentes curso, este ano con novidades como os e-book para Primaria e as tablets en Educación Infantil. Ademais aproveitouse para agasallar cos carnets de biblioteca ao novo alumnado e profesorado amenizando a xornada con diferentes actividades lúdicas.