Actividades

CHORIMA 2019

Aquí tedes un novo exemplar da nosa revista CHORIMA.

 

 

LILIARTE - OS NOSOS PINTORES

Estes son os pintores traballados polo noso alumnado durante o segundo trimestre. Preme na imaxe para acceder ao blog da Biblioteca onde atoparás máis información. 

 

LILIARTE

 

 

 

LILIARTE é o PDI que estamos desenrolando este ano no noso centro. O obxectivo fundamental deste proxecto é que os nosos alumnos e alumnas se acheguen a ARTE dun xeito lúdico e motivador. Lili a nosa mascota propuxo distintas actividades ao longo do curso:

  • "Breves pinceladas da historia da pintura": No primeiro trimestre, o Equipo da Biblioteca elaborou, a modo de resumo, un libro de fichas cos principais movementos pictóricos.
  • "O noso pintor": Durante o segundo e parte do terceiro trimestre, cada clase escolleu a un pintor e traballou a súa obra. Os resultados pódense ver no gran Museo LILIARTE, creado nos corredores do noso centro.
  • "Coñecendo a pintores galegos": Aproveitando a celebración das Letras Galegas, o noso alumnado reproduciu as obras de grandes pintores da nosa terra. 

ESCOLARTE

Como xa sabedes este ano estamos participando en ESCOLARTE, un proxecto no que participamos os tres colexios de primaria de As Pontes. A arte é o eixo fundamental deste proxecto, cuxo obxectivo fundamental é potenciar e fomentar o uso da nosa lingua. O proxecto consta de tres partes:

  • SocializARTE: Consiste en intercambios comunicativos entre os diferentes coles. E-mail, carta, vídeo..., calquer formato é válido para conseguir que o noso alumnado se comunique na nosa lingua.
  • CulturizaARTE: Nesta fase invitamos aos centros a que compartan o seu traballo sobre a ARTE mediante visitas presenciais ou audiovisuais.
  • LembrARTE: A última parte será unha gran Xornada de Convivencia dos tres colexios no lago da localidade. Toda a Comunidade Educativa dos tres centros e de ASPANAES participará o vindeiro 21 de xuño nesta gran "festa" que suporá o broche final a un proxecto que contamos se volva a repetir no futuro.

Aquí vos deixamos o link ao blog que se creou para este proxecto. Esperamos que vos guste. Preme na foto para acceder ao blog.

 

 

 

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2019

O pasado 16 de maio tivo lugar no Cine Alovi o noso Festival das Letras Galegas. A celebración foi un homenaxe a Antonio Fraguas e á nosa lingua. Coa axuda de cancións, poesías, contos, bailes e obras de teatro celebramos esta importante data. Noraboa ao noso alumnado, que, coma sempre, fixo un gran traballo.

Ademais durante toda a semana nas aulas traballouse a figura do autor homenaxeado este ano.

Preme na imaxe para ver as fotos desta conmemoración.

 

CELEBRACIÓN DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2019

Hoxe no noso centro celebramos o Día das Letras Galegas. Esperámosvos no cine Alovi a partir das dez e media.

No seguinte enlace veredes o programa! 

DÍA DO LIBRO 2019

A celebración do Día do Libro no noso centro tivo tres actividades principales. A primeira foi a entrega dos premios do Día da Poesía e de agasallos a todos os participantes. Tamén fixemos o Apadriñamento Lector que resoltou todo un éxito. Por último recibimos a visita de Érika González, cuxa animación foi, coma sempre, moi divertida. 

Ademais, e baixo o lema "LER, VAICHE QUE NIN PINTADO", todo o alumnado fixo e decorou, dun xeito moi artístico, un mini-libro baseado no seu libro favorito. Con todos eles fixemos dúas fermosas árbores de primavera.

Preme na imaxe para acceder á galería de fotos.

A PRIMAVERA DAS LETRAS DE ANTÓN FRAGUAS

Este ano o homenaxeado no Día das Letras Galegas é Antón Fraguas e como todos os anos a Primavera das Letras xa está en marcha. A Real Academia Galega abriu o pasado 28 de febreiro a nova edición do proxecto web que oferta materiais lúdicos e didácticos dispoñible nestas ligazóns:

 

 

https://academia.gal/primaveradasletras

https://academia.gal/letras-actual

http://www.seminariogalan.org/

http://www.lingua.gal/letras-galegas?content=/Portal-Lingua/Contido/recursos/promovelo/contido_367.html

 

 

 

UN ENTROIDO MOI ARTÍSTICO

Seguindo coa temática do noso PDI anual, LILIARTE, este ano todo o alumnado se transfourmou en cadros do artista que están a traballar en cada clase. Así, Infantil fixo unha magnífica recreación do cadro de W. Kandinsky "Cadrados e círculos concéntricos". "A Noite Estrelada" de Van Gogh foi o cadro elixido por 1º e "O Galo" de Joan Miró foi a opción de 2º. Os alumnos de terceiro están traballando a obra de Paul Klee e o seu disfrace era unha reprodución de "Senecio". "As Meninas" de Velázquez que fixeron os alumnos e alumnas de cuarto quedaron preciosas. Piet Mondrian é o pintor elixido por quinto e os alumnos e as alumnas de sexto reproduciron distintos cadros de Romero Britto.

Preme na imaxe para ver máis fotos desta gran celebración.

 

XOGOS ARTE

ATRÉVESTE A PARTICIPAR NESTE XOGO SOBRE ARTE?

PINCHA AQUÍ E PON A PROBA TODO O APRENDIDO!

https://view.genial.ly/5c94d6a268711f76b99fa84f

Risa 

Distribuir contido