25 N

As bibliotecas escolares son espazos privilexiados para traballar valores democráticos, de igualdade e cidadanía, espazos únicos para a aprendizaxe da convivencia.

 
 O 25 de novembro é unha data do calendario civil que as bibliotecas escolares integraron nas súas programacións porque cómpre unha chamada de atencioón fronte a actitudes larvadas de violencia contra as nenas e as mulleres (con presenza nas relacións sociais, na publicidade ou en moitos productos audiovisuais), que fixan valores contrarios á igualdade. 
 
 Un curso máis, seguimosnecesitando accións para denunciar a violencia sistemática contra as mulleres e as violencias cotiás exercidas contra as nenas, mozas e muleres de toda idade e condición en distintos espazos e ámbitos, tanto privados como públicos. Dende a ONU alertan de que ademais do impacto COVI-19, hai un evidente aumento da violencia contra as mulleres e as nenas en todo o mundo debido ás crises actuais causadas por desastres naturais e desastres provocados polo home, como conflictos e guerras. 
 
 O 25N non é unha celebración, é unha data a borrar do noso calendario e maxinario, pero até entón queda moito por facer, moitos muros por derrubar, non podemos, nin debemos permitir un paso atrás.
 
 
No noso cole tamén conmemoramos esta data tan importante e necesaria debatendo na aula sobre o tema, reflexionando sobre a realidade actual e realizando un mural onde queda reflectido o rechazo que sentimos cara calquera tipo de violencia.

 

 

 

 
 
( categories: )