Iniciar sesión: Acceso

Educación Física

Blog do departamento de EF con información sobre actividades, ligas internas, etc.

Ruta por Ons

Chegan as excursións de fin de curso e, como non podía ser doutro xeito, todas teñen un compoñente de vida activa e saudable. Nese caso, as nenas e nenos de quinto foron á illa de Ons, e antes de xogar na praia, fixeron un percorrido pola illa duns 7,5km.

Aquí tedes algunha imaxe da ruta:

 

As máis valentes chegaron ata o burato do Inferno, disfrutando das vistas da Illa.

Datchball de 5º

Rematou unha emocionante liga de Datchball por parte do alumnado de quinto de primaria. O resultado máis repetido na fase previa foi o empate e a final tivo que disputarse en dous recreos distintos debido á igualdade.

Na imaxe tedes a todas e todos as alumnas e alumnos que disputaron a final.

Campionato de floorball

O alumnado de sexto finalizou a súa liga interna de floorball. A liga resultou ser moi igualada e deixou unha final de infarto.

Premendo na imaxe podedes acceder ao álbum. Parabéns a todas e todos os participantes.

Liga de bádminton de 3º

Espectacular a liga que nos deixaron as nenas e nenos de terceiro de primaria. Ademais de partidos igualados e emocionantes, quedámonos coa exquisita deportividade mostrada e o bo comportamento de todas e todos.

A clasificación final foi a seguinte:

1º clasificado: Pablo Santamaría (3ºB)

2ª clasificada: Carme Felpeto (3ºA)

3º clasificado: Xoel Prieto (3ºB)

Premendo na imaxe podedes ver algunha foto máis e un vídeo cun momento do partido.

Liga interna de bádminton (5º de primaria)

Xa temos outra liga rematada!

Menudo nivelazo que mostraron as nenas e os nenos de quinto de primaria, Unha fase previa igualada, uns cuartos de final de infarto, unhas semifinais trepidantes e unha final memorable.

Parabéns a todas e a todos por participar e polo exemplo de deportividade.

Ao final, hai un gañador, que neste caso foi Tomás Sineiro, de 5ºB, secundado no podio por Bruno Otero e Laura Rey, tamén de 5ºB (os tres da imaxe).

Premendo na foto dos medallistas podedes ver un pequeno álbum con imaxes e vídeos.

Liga interna de bádminton (6º de primaria)

Esta semana celebramos a liga interna de bádminton do colexio.

Constou dunha fase previa, con sete grupos de tres participantes. Os primeiros de cada grupo e o mellor segundo clasficáronse para os cuartos de final.

Despois dunha rolda eliminatoria emocionante e igualada, Beltrán, Héctor, Xandre e Manuel disputaron unhas semifinais de gran nivel que deron paso á gran final entre Xandre e Héctor.

O campión final foi.....XANDRE! 

Parabéns a todas e todos as participantes. 

Podes ver imaxes deste torneo premendo aquí.

Distribuir contido