Skip to Content

Secretaría

Admisión 2024/205 (número de solicitudes por curso)

SOLICITUDES DE ADMISIÓN CURSO 2024/2025

 

Nivel

Número de vacantes

Número de solicitudes

4º de infantil (3 anos)

40

36

5º de infantil (4 anos)

0

0

6º de infantil (5 anos)

1

1

1º de primaria

0

2*

2º de primaria

0

0

3º de primaria

1

2*

4º de primaria

0

0

5º de primaria

0

1

6º de primaria

7

0

 

En 4º de infantil (3 anos) ao haber menos solicitudes que vacantes, non será necesario baremar, polo que todas/os están admitidas/os.

*En 1º e 3º de primaria será necesario baremar e agardar a resolución para coñecer o alumnado admitido.

PROCESO DE ADMISIÓN 2024/2025

 

PROCESO DE ADMISIÓN 2024-2025

PRAZO PARA PRESENTAR SOLICITUDES

1 ao 20 de marzo

DOCUMENTACIÓN NECESARIA

  • Impreso de solicitude (pode pedirse en secretaría)

  • DNI ou libro de familia de todos os membros computables da unidade familiar.

  • Sentenza de separación (de ser o caso).

  • Documentación acreditativa do alumnado con necesidades específicas

PRESENTACIÓN DE DOCUMENTACIÓN (NO CASO DE BAREMAR)

  • Días hábiles entre o 21 de marzo e o 5 de abril.

PUBLICACIÓN DE LISTAXES PROVISIONAIS

25 de abril

PUBLICACIÓN DE LISTAXES DEFINITIVAS

15 de maio

PERÍODO DE MATRÍCULA

Do 20 ao 30 de xuño

DÚBIDAS E VISITAS Á ESCOLA

Para calquera dúbida, pódese acudir ao centro en horario lectivo ou chamar por teléfono ao 886151190.

Para realizar visitas , concertar a data e hora da mesma coa dirección do centro .

Normativa de aplicación:

  • DECRETO 13/2022, do 3 de febreiro, polo que se regula a admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2022/20220211/AnuncioG0598-040222-0004_gl.html

  • ORDE do 21 de outubro de 2022 pola que se desenvolve o Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, e se regula o procedemento de admisión do alumnado nos centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación (códigos de procedemento ED550A, ED550B e ED550C).https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2022/20221108/AnuncioG0655-281022-0001_gl.html

ADMISIÓN DE ALUMNADO PARA O CURSO 2024-2025. VACANTES.

 

VACANTES NO CEIP SAN TOMÉ PARA O CURSO 2024-2025

CURSO

VACANTES

4º EDUCACIÓN INFANTIL

40*

5º EDUCACIÓN INFANTIL

0

6º EDUCACIÓN INFANTIL

1

1º EDUCACIÓN PRIMARIA

0

2º EDUCACIÓN PRIMARIA

0

3º EDUCACIÓN PRIMARIA

1

4º EDUCACIÓN PRIMARIA

0

5º EDUCACIÓN PRIMARIA

0

6º EDUCACIÓN PRIMARIA

7

 

Este cadro mostra as vacantes estimadas en base ás permanencias e matrícula actual da escola.

Poden xurdir vacantes no caso de que alumnado do colexio solicite admisión no período ordinario noutros centros educativos.

 

*Das 40 prazas ofertdas, 6 delas están reservadas para alumnado con NEAE, que, no caso de non ser demandadas, pasan a vacantes ordinarias.

PROCEDEMENTO DE RESERVA DE PRAZA E ADMISIÓN 2024-2024

Fase de reserva de prazas en centros de adscrición

De conformidade coa disposición adicional primeira da Orde da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades do 21 de outubro de 2022, que regula o procedemento de admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos, o próximo día 15 de xaneiro de 2024 inícianse os trámites do procedemento (código ED550A), coa reserva de praza nun centro de adscrición para alumnado que cambia de etapa.

O prazo de presentación de solicitudes abranguerá do 15 de xaneiro ao 5 de febreiro do 2024, ambos incluídos.

Tanto a presentación das solicitudes como a consulta das listaxes de admitidos, que se publicarán o día 22 de febreiro, deberán realizarse no centro no que está matriculado o alumnado no presente curso ou a través da aplicación admisionalumnado (https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/)

Polo tanto, o alumnado que desexe exercer o seu dereito de reserva no IES Francisco Asorey deberá cumprimentar a documenación por calquera das vías antes do 5 de febreiro.

Normativa de aplicación:

  • DECRETO 13/2022, do 3 de febreiro, polo que se regula a admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación. https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2022/20220211/AnuncioG0598-040222-0004_gl.html
  • ORDE do 21 de outubro de 2022 pola que se desenvolve o Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, e se regula o procedemento de admisión do alumnado nos centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación (códigos de procedemento ED550A, ED550B e ED550C). https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2022/20221108/AnuncioG0655-281022-0001_gl.html

 

REUNIÓNS DE INICIO DE CURSO

A continuación publicados as datas de reunións coas familias de cara ao inicio de curso:

Educación Infantilxoves, 7 de setembro, ás 11h

1º de primaria:venres, 8 de setembro, ás 10h

2º de primaria:  venres, 8 de setembro, ás 12h

3º de primaria:  mércores, 6 de setembro, ás 10h

4º de primaria:  mércores, 6 de setembro, ás 12h

5º de primaria:  martes, 12 de setembro, ás 17h

6º de primaria:  martes, 12 de setembro, ás 16h

RECOLLIDA DE VALES PARA MATERIAL ESCOLAR

Xa están dispoñibles os vales para material escolar, polo que se poderán recoller dende o 22 de xuño ata o 7 de xullo e  posteriormente no mes de setembro.

Pódese consultar telefonicamente a concesión ou non da axuda.

Matrícula para novo alumnado

O período de matrícula para o novo alumnado está aberto entre o 20 e 30 de xuño. Para tramitala deben pasar pola dirección do colexio entre as 8:45h e as 14:15h de luns a venres.

Informamos que o día 30, ás 12h, haberá unha reunión informativa para as familias do alumnado de 4º de infantil (3 anos) que inician a súa andaina no colexio.

LISTAS DE MATERIAL PARA O CURSO 2023-2024

Nos arquivos adxuntos pódese consultar o material escolar necesario para o vindeiro curso.

Cada arquivo contén o material dun nivel educativo, salvo o material de 5º e 6º de primaria que é o mesmo e polo tanto emprégase unha única lista.

Fondo solidario de libros de texto e axudas para material escolar

Participación no fondo solidario de libros de texto e convocatoria de axudas para  material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria:

Axudas para a adquisión de material escolar: Todo o alumnado que o vindeiro curso 2023-2024 estea matriculado en Primaria poderá solicitar dita axuda.

  • Renda per cápita da unidade familiar é igual ou inferior a 6.000 €, a axuda será de 75 €
  • Renda per cápita superior a 6.000€ e inferior a 10.000€, será de 60€.

O alumnado que o vindeiro curso esté matriculado en 3º: 

Pode participar no fondo solidario de libros de texto, xa que haberá libros nas áreas de Ciencias Sociais e Ciencias Naturais.

Os libros asignaranse por orden inverso á renda per cápita da unidade familiar. 

Prazo de presentación: ata o 21 de xuño

Modo de presentación

  • Sede electrónica:  https://sede.xunta.gal, procedemento ED330B-anexos I e II
  • Aplicación fondolibros: https://www.edu.xunta.gal/fondolibros/
  • Chamada telefónica aos números 886151190 e 886151191
  • Presencialmente en dirección

Documentación necesaria:

  • Copia do libro de familia ou documento equivalente, onde figure o/a alumno/a e os demais membros computables da unidade familiar.
  • En caso de separación ou divorcio, ademais deberán achegar a sentenza xudicial e/ou convenio regulador onde conste a atribución da custodia do/da menor.
  • Certificado de discapacidade do/da alumno/a ou calquera membro da familia non expedido pola Administración autonómica.
  • Documentación xustificativa da situación de violencia de xénero no ámbito familiar, en calquera das formas que enumera o artigo 5 da Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero, cando o agresor forme parte da unidade familiar

Entrega de libros:setembro de 2023.

Entrega de vales: comunicaremos o prazo cando estean dispoñibles.

 

Toda a información premendo en DOG de venres, 19 de maio de 2023.

ADMISIÓN 23/24 (LISTAXES)

Unha vez rematado o período ordinario para solicitar admisión nos centros educativos de Galicia, procedemos a informar de que todas as solicitudes neste colexio están ADMITIDAS.

As listaxes serán publicadas os vindeiros días na entrada do colexio. (Non podemos facer públicas as listaxes na web polo cumprimento da normativa de protección de datos)

O seguinte trámite a realizar sería cubrir a matrícula entre o 20 e o 30 de xuño de 2023.

 

CURSO Nº DE VACANTES Nº DE SOLCITUDES
4º EDUCACIÓN INFANTIL (3 anos) 50 40
1º EDUCACIÓN PRIMARIA 3 3

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut