Skip to Content

Secretaría

LISTAXE DE MATERIAL PARA O CURSO 2022-2023

Nos arquivos adxuntos poden consultarse as listaxes de material para o vindeiro curso.

Libros de texto para o curso 2022/2023

A continuación publicamos a listaxe cos libros de texto para o vindeiro curso:

3º de primaria: 

Ciencias da Natureza 3CZ 

Vincens Vives 

ISBN: 9788468285375

Ciencias Sociais 3CZ

 

Vicens Vives

ISBN: 9788468285337

No resto de cursos non se empregan libros de texto ou forman parte do proxecto EDIXGAL.

 

Axudas para material escolar e fondo solidario de libros de texto

Dende o 19 de maio ata o 22 de xuño poderanse solicitar as axudas para material escolar e a participación no fondo solidario de libros de texto.

As solicitudes poderán presentarse na sede electrónica ou ben no colexio.

Co fin de facilitarvos o trámite e axilizar o proceso explicamos os pasos a dar:

1. Facilitar o número do DNI do solicitante vía telefónica ou en secretaría.

2. Comprobación dos datos existentes na aplicación (tamén por teléfono ou presencial).

3. O centro imprimirá a solicitude xa cuberta.

4. A solicitude debe ser asinada e presentada xunto coa copia do libro de familia, e, de ser o caso, a sentenza de separación ou convenio regulador, certificado de discapacidade e documentación acreditativa de ser vítima de violencia de xénero.

Podedes consultar a convocatoria no seguinte enlace:

http://www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/files/anunciog0598-020522-0001_gl.pdf

ADMISIÓN DE NOVO ALUMNADO CURSO 23/24

O prazo para presentar solicitudes de admisión para novo alumnado ábrese o día 1 de marzo e estenderase ata o 20 do mesmo mes.

As solicitudes poderán presentarse presencialmente no centro, en Sede Electrónica ou ben a través do seguinte enlace: 

https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/

Para calquera dúbida, pódese acudir ao centro educativo ou ben chamar ao 881151190.

Os impresos de solicitude pódense coller no colexio de 8:45h a 14:15h, tamén se poden descargar premendo aquí: Solicitude de admisión ordinaria

Normativa de aplicación:

  • Orde do 21 de outubro de 2022 pola que se desenvolve o Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, ese regula o procedemento de admisión do alumnado nos centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica2/2006, do 3 de maio, de educación (códigos de procedemento ED550A, ED550B e ED550C).
  • Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, polo que se regula a admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.

 

Calendario de aplicación:

1. Publicación de postos escolares vacantes: antes do 1 de marzo.

2. Prazo de presentación de solicitude de admisión: do 1 ao 20 de marzo.

3. Prazo de presentación da documentación acreditativa dos criterios de baremo: 10 días hábiles, contados a partir do día seguinte ao remate do prazo para presentar as solicitudes de admisión.

4. Publicación das listaxes provisionais do alumnado admitido e non admitido: o 25 de abril.

5. Prazo de reclamación contra as listaxes provisionais: 5 días hábiles, contados a partir do seguinte á data de publicación das listaxes provisionais do alumnado admitido e non admitido.

6. Publicación das listaxes definitivas do alumnado admitido e non admitido: o 15 de maio.

7. Prazo para formalizar a matrícula en educación infantil e primaria: do 20 ao 30 de xuño.

 Vacantes para o curso 2023/2024

Curso

Prazas por curso

Permanencias

Vacantes

4º Inf.

50

0

44 + 6*

5º Inf.

50

38

12

6º Inf.

50

43

7

1º Pri.

50

47

3

2º Pri.

50

34

16

3º Pri.

50

52

0

4º Pri.

50

45

5

5º Pri.

50

31

19

6º Pri.

75

55

20

* Estas 6 prazas son prioritarias para alumnado con NEAE, de non ser cubertas, pasan a ser vacantes ordinarias.

PLAN DE ADAPTACIÓN COVID E PLAN DE CONTINXENCIA (CURSO 21/22)

Nos arquivos adxuntos pódense ver o PLAN DE ADAPTACIÓN Á SITUACIÓN COVID e o PLAN DE CONTINXENCIA  para o curso 2021/2022.

Non hai grandes cambios significactivos, xa que se mantén a organización das entradas e saídas, os espazos de recreo separados por niveis ou as normas de ventilación e limpeza.

Esta primeira versión pode ser modificada no caso de que se indiquen novas pautas dende as Consellerías de Educación e Sanidade.

MATERIAL ESCOLAR PARA O CURSO 21/22

Nos arquivos adxuntos pódense ver as listas de material escolar, libros de texto e caderniños que serán necesarios para o vindeiro curso.

De modo global podemos dicir que todo o material deste curso que estea en bo estado podedes empregalo, incluídas as libretas.

Axudas para material escolar e fondo solidario de libros de texto

 

Do 21 de mario ata o 22 de xuño estará aberto o prazo para presentar as solicitudes para material escolar  e fondo solidario de libros de texto. 

Informamos de que temos libros de 3º para todo o alumnado, polo que, se presentades a solicitude, seredes beneficiarios e recibiredes o préstamo dos libros.

As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica no formulario normalizado (anexo I) dispoñible na aplicación informática «fondolibros» (https://www.edu.xunta.es/fondolibros) a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal.

Nós ofrecemos a posibilidade de facer o trámite vía telefónica, chamando ao 881 151191 para cubrir a solicitude, sendo necesario posteriormente vir ao colexio para asinala e traer a documentación complementaria (libro de familia ou certificado de convivencia, certificado de discapacidade, acreditación de ser vítima de violencia de xénero). 

 

Orde que regula procedemento.

 

PERÍODO DE ADIMSIÓN PARA O CURSO 2021/22

Entre o 1 e o 22 de marzo estará aberto o prazo para solicitar praza para novo alumnado no noso centro de cara ao curso 2021/2022.

As solicitudes poderán presentarse de xeito telemático:

 

ou ben en papel na secretaría do colexio en horario de 9h a 14h.

Non organizamos xornadas de portas abertas, pero se algunha familia ten interese en visitar o centro tería que concertar esa cita por teléfono.

Nos arquivos adxuntos está toda a documentación relacionada con este proceso, incluído o formulario de admisión.

 

LISTAXES DEFINITIVAS DE ADMITIDAS/OS PARA O CURSO 20/21

Están publicadas no centro as listaxes definitivas de admitidas/os para o vindeiro curso 2020/2021.

En cumprimento da normativa de protección de datos, non podemos mostralas na web nin poden estar visibles de cara ao exterior.

Informamos de que todas as solicitudes para 4º de infantil (3 anos) e 1º de primaria foron admitidas.

O prazo de formalización de matrícula será do 1 ao 10 de xullo e dende o colexio contactaremos coas familias para facilitar este trámite.

AXUDAS PARA MATERIAL ESCOLAR E LIBROS DE TEXTO 20/21

No día de hoxe foi publicada a Orde que regula as axudas para material escolar e libros de texto de cara ao curso 20/21 para o alumnado de primaria.

Podedes consultar a convocatoria no seguinte enlace

https://www.edu.xunta.gal/portal/fondolibros

A modo resumo:

- O prazo estará aberto dende mañá ata o 19 de xuño.

- Ante esta situación complexa e para garantir un bo servizo, presentamos dúas opcións para solicitar as axudas:

1. Presentación na sede electrónica da Xunta, (procedemento ED330B)

2. Presentación no colexio. Neste segundo caso unicamente teriades que vir firmar a solicitude e traer a documentación esixida, para iso debedes chamar con anterioridade ao 886151191, onde vos pediremos un par de datos para cubrir a vosa solicitude e imprimila.

É importante que empreguedes ese teléfono deste xeito non bloquearemos o número habitual de atención ao público. Haberá un alto número de solicitudes, polo que é posible que en ocasións a liña esté ocupada, polo que pedimos paciencia e comprensión.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut