Skip to Content

Secretaría

LIBROS DE TEXTO 2017/2018

No arquivo adxunto pódese consultar a lista de libros de texto para o vindeiro curso

AXUDAS PARA MATERIAL, AXUDAS PARA LIBROS E FONDO SOLIDARIO (2017-2018)

Saiu a orde que regula as axudas para material, para libros de texto e para o fondo solidario de cara ao vindeiro curso.

A continuación poñemos un pequeno resumo:

- As axudas para material están convocadas para todo o alumnado de primaira, as axudas para libros son para os alumos de 1º e 2º de primaria e o fondo solidario para o alumnado de 3º a 6º de primaria. As tres se tramitan cunha solicitude única.

- O prazo de presentación de solicitudes remata o 23 de xuño.

- Os impresos pódense coller na secretaría do centro ou ben pódese descargar premendo no seguinte enlace: IMPRESO AXUDAS

- No caso de ser varios os irmáns que opten a estas axudas é suficiente con cubrir un único impreso por familia.

ADMISIÓN ALUMNADO 2017/2018 (LISTAXES DEFINITIVAS)

A continuación publicamos os arquivos adxuntos coas listaxes definitivas dos alumnos admitidos neste centro de cara ao curso 2017/2018.

Todos os solicitantes obtiveron praza.

ADMISIÓN ALUMNADO 2017/2018

A continuación publicamos todos os documentos de interese relacionados co proceso de admisión para o vindeiro curso 2017/2018, e que ten de prazo do 1 ao 20 de marzo de 2017.

Recollida de cheques e libros de texto

As familias que non recolleron os cheques para material escolar e libros de texto poderán facelo a partir do 1 de setembro de 9h a 14h.

 

O reparto dos libros do fondo solidario (3º, 4º, 5º e 6º) realizarase a partir do 2 de setembrode 9h a 14 h.

Axudas para material e libros de texto

Informamos de que xa están disponibles os cheques de axuda para material escolar e libros de texto. Tamén etá publicadas as listaxes provisionais cos beneficiarios do fondo solidario de libros de texto.

Hai alumnos que aparecen sen libros de texto adxudicados porque o centro non dispón de existencias, pero non quere dicir que non sexan beneiciarios de dita axuda, xa que agora debemos realizar unha adquisición complementaria de libros de texto para aqueles aos que non lles foron asignados pero que teñen dereito á mesma.

 

Para a recollida de cheques o horario será de 9h a 13:30h ata o 15 de xullo e de 9h a 14h dende o 1 de setembro

 

Libros de texto curso 2016/2017

No arquivo adxunto pódese ver o listado de libros de texto para o vindeiro curso.

Axudas libro e material 2016/2017

Foi publicada no DOG a orde que regula a participación no fondo solidario de libros de texto e as axudas para material escolar para o vindeiro curso 2016/2017.

A continuación facemos un breve resumo:

* Tipos de axuda:

- 3º, 4º, 5º e 6º de Educación Primaria: fondo solidario de libros de texto

-1º e 2º de primaria: axudas para adquirir libros de texto.

- Axuda material: para todos os alumnos de primaria

* Asignación de libros e contía das axudas:

- 3º, 4º, 5º e 6º de Educación Primaria: se hai libros suficientes, todos os solicitantes serán beneficiarios, de non haber fondos para todos o reparto farase por orde inversa á renda familiar per cápita.

* Independientemente dos libros que o centro dispoña, todos os solicitantes cunha renda familiar inferior a 5400€ terán dereito a 6 libros de texto.

* Do mesmo xeito, os que teñan una renda familiar entre 5400€ e 9000€ terán dereito a 4 libros de texto.

-1º e 2º de Primaria: as axudas serán as seguintes:

* Renda per cápita inferior a 5400€: 170€ de axuda

* Renda per cápita entre 5400€ e 9000€: 90€ de axuda

- Material escolar: axudas de 50€ para todo o alumnado de primaria cunha renda per cápita inferior a 5400€.

* Documentación necesaria:

o :Anexo I pode recollerse no colexio ou ben cubrilo ou descárgalo do enlace

o Libro de familia: teñen que aparecer todos os membros da unidade familiar. De non ter o libro de familia será necesario o certificado ou volante convivencia, a sentenza de divorcio ou separación ou o informe dos servizos sociais ou órgano equivalente do concello onde resida a familia.

o Grao de discapacidade e violencia de xénero: documentación necesaria para acreditar alguna destas circunstancias.

o DNI e renda familiar: soamente no caso de non autorizar a consulta telemática

* Presentación de solicitudes:

o Está aberto xa o prazo até o 23 de xuño

 Para todas as axudas presentarase una única solicitude, e no caso de ser varios irmáns beneficiarios servirá con presentar un so impreso para todos eles.

Alumnado admitido para o curso 2016/2017

Nos documentos adxuntos publicamos as listaxes co alumnado admitido no Ceip San Tomé para o curso 2016/2017.

 

O prazo para a formalización de matrícula é dende o 20 ao 30 de xuño de 2016.

 

Lembramos que o alumnado que solicitou praza no centro fóra de prazo deberá agardar a que se reúna a comisión de escolarización no mes de xullo para coñecer o seu centro escolar.

Admisión de alumnado curso 2016/2017

A continuación publicamos todos os documentos de interese relacionados co proceso de admisión para o vindeiro curso 2016/2017, e que ten de prazo do 1 ao 29 de marzo de 2016

Distribuir contido


by Dr. Radut