Skip to Content

Comunicados

Calendario electoral para o Consello Escolar

No arquivo adxunto pódese consultar o calendario electoral para a renovación parcial do consello escolar.

Aquelas familias interesadas en presentar candidaturas, deberán acudir a dirección para cubrir a solicitude correspondente.

EDIXGAL 21/22

No arquivo que se adxunta pódese consultar toda a información ao proxecto Edixgal 21/22.

Tamén aparecen os datos para contratar o servizo de reparación integral dos equipos.

REUNIÓNS INICIO DE CURSO

REUNIÓNS PARA AS FAMILIAS

EDUCACIÓN INFANTIL

3 ANOS - LUNS, 6 DE SETEMBRO, ÁS 9h

4 ANOS - LUNS, 6 DE SETEMBRO, ÁS 11h

5 ANOS - LUNS, 6 DE SETEMBRO, ÁS 13h

PRIMEIRO CICLO

1º DE PRIMARIA - MÉRCORES, 8 DE SETEMBRO, ÁS 10h

2º DE PRIMARIA - MÉRCORES, 8 DE SETEMBRO, ÁS 12h

SEGUNDO CICLO

3º DE PRIMARIA - MARTES, 7 DE SETEMBRO, ÁS 10h, no comedor

4º DE PRIMARIA - MARTES, 7 DE SETEMBRO, ÁS 12h, no comedor

TERCEIRO CICLO

5º DE PRIMARIA - MARTES, 7 DE SETEMBRO, ÁS 11h, no ximnasio.

6º DE PRIMARIA - MARTES, 7 DE SETEMBRO, ÁS 13h, no ximnasio.

 

Plan de Acollida para o curso 2020/2021

En base ás Instrucións do 30 de xullo 2020, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, elaboramos o Plan de acollida para o curso 2020/2021.

Este plan foi aprobado en Consello Escolar o día 28 de agosto, polo que xa é definitivo e recolle os cambios realizados pola Consellería relativos ao inicio escalonado do curso.

Versión 3 do Plan de Adaptación á situación COVID

Actualizamos o noso Plan de Actuación á situación covid en base ás novas normas, polo que publicamos a versión 3.0.

Animamos ás familias a seguir realizando aportacións -moitas grazas, de corazón, por todo o xa aportado- enviando as propostas ao correo do colexio.

Tamén están nesta mesma entrada todos os anexos do plan.

 

 

Libros de texto 2020/21

No arquivo adxunto poderá acceder á listaxe de libros de texto para o curso 2020/2021.

Unicamente empréganse en 3º de primaria e en tres áreas.

INFORMACIÓN SOBRE FIN DE CURSO

A continuación poñemos información interesante sobre este fin de curso 19/20:

1. Dende o día 8 de xuño estamos a entregar o material dos alumnos que quedara no colexio. Este proceso continuará ata o 26 de xuño. Son os titores/as os/as que contactarán convosco para este proceso, pero as datas de recollida son:

3º de primaria: 15 e 16 de xuño.

4º de primaria: 17,18 e 19 de xuño.

5º de primaria: 22 e 23 de xuño.

6º de primaria: 25 e 26 de xuño.

Educación infantil: semana do 15 ao 19 de xuño.

2. As notas publicaranse o día 19 na aplicación Abalarmóbil. Aquelas familias que non dispoñan da aplicación, poderán recibilas a través do correo electrónico ou vir ao colexio para recollelas.

3. Material curso 20/21: habitualmente entregamos a lista no mes de xuño, pero este ano preferimos ser prudentes e esperar a que sexan publicadas as instrucións definitivas para o vindeiro curso e ver que material van poder compartir e cal non.

 

LISTAXES PROVISIONAIS DE ADMITIDOS CURSO 2020/2021

Están publicadas no taboleiro interior do colexio as listaxes provisionais de admitidas/os neste centro para o vindeiro curso.

En cumprimento da Lei de Protección de Datos estas listaxes non poderán ser visibles dende o exterior nin poden ser publicadas na web.

Podemos informar de que todas/os que solicitaron praza en 4º de infantil (3 anos) e 1º de primaria están admitidas/os ao non cubrirse o número total de vacantes. 

O prazo de matrícula será do 1 ao 10 de xullo e poñerémonos en contacto con todas as familias para realizar este proceso de xeito ordenado.

AULA VIRTUAL

A aula virtual do Ceip San Tomé xa está habilitada para que o alumnado de infantil e primaria (de 1º a 4º) poidadiariamente consultar os contidos e realizar as actividades propostas na mesma. 

Os contidos diarios serán colgados antes das 10h de cada día, de tal xeito que a partir desa hora non haberá novas publicacións ata o día seguinte.

Lembramos que serán actividades de reforzo e que non terán carácter avaliable, como así indican as medidas dadas dende a Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional.

Estamos ante unha situación descoñecida para todas/os, polo que pedimos comprensión no caso de que haxa erros, que serán subsanados na medida que vaiamos sendo conscentes deles.

Podedes consultar calquera dúbida empregando o correo electrónico do colexio:

ceip.san.tome@edu.xunta.gal

O alumnado de 5º e 6º de primaria, ao estar adheridos ao proxecto edixgal, realizará este procedemento a través da plataforma EVA.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut