Skip to Content

INFORMACIÓN SOBRE FIN DE CURSO

A continuación poñemos información interesante sobre este fin de curso 19/20:

1. Dende o día 8 de xuño estamos a entregar o material dos alumnos que quedara no colexio. Este proceso continuará ata o 26 de xuño. Son os titores/as os/as que contactarán convosco para este proceso, pero as datas de recollida son:

3º de primaria: 15 e 16 de xuño.

4º de primaria: 17,18 e 19 de xuño.

5º de primaria: 22 e 23 de xuño.

6º de primaria: 25 e 26 de xuño.

Educación infantil: semana do 15 ao 19 de xuño.

2. As notas publicaranse o día 19 na aplicación Abalarmóbil. Aquelas familias que non dispoñan da aplicación, poderán recibilas a través do correo electrónico ou vir ao colexio para recollelas.

3. Material curso 20/21: habitualmente entregamos a lista no mes de xuño, pero este ano preferimos ser prudentes e esperar a que sexan publicadas as instrucións definitivas para o vindeiro curso e ver que material van poder compartir e cal non.

 



page | by Dr. Radut