Skip to Content

Novas

Nova web da ANPA Os Olmos

A ANPA Os Olmos ven de actualizar a páxina web, mostrando un novo diseño e coa intención de ofrecer unha información actualizada das actividades que leva a cabo e doutras ofertas intersantes para toda a comunidade educativa. 

Podedes acceder a ela no menú da esquerda desta web, no apartado de familias.

Parabéns pola mellora!

 

PLAN DE ADAPTACIÓN COVID E PLAN DE CONTINXENCIA (CURSO 21/22)

Nos arquivos adxuntos pódense ver o PLAN DE ADAPTACIÓN Á SITUACIÓN COVID e o PLAN DE CONTINXENCIA  para o curso 2021/2022.

Non hai grandes cambios significactivos, xa que se mantén a organización das entradas e saídas, os espazos de recreo separados por niveis ou as normas de ventilación e limpeza.

Esta primeira versión pode ser modificada no caso de que se indiquen novas pautas dende as Consellerías de Educación e Sanidade.

Información da ANPA curso 20/21

Estimadas familias:

No arquivo adxunto atoparedes a nota informativa de inicio de curso 20/21 da ANPA Os Olmos.

Dende o centro animamos ás familias a formar parte da mesma, xa que é a vosa representación na comunidade educativa e garante dos vosos dereitos como pais e nais.

 

INICIO DE CURSO e REUNIÓNS COAS FAMILIAS

O vindeiro luns 11 de setembro comeza o curso escolar en horario de 9h a 14h

Como cada inicio do ano académico haberá reunións coas familias, que terán os seguintes datas e horarios:

 

- EDUCACIÓN INFANTIL: día 7 ás 11h (Ximnasio)

- 1º e 2º DE PRIMARIA: día 7 ás 12:30h

- 3º E 4º DE PRIMARIA: día 12 ás 16h

- 5º E 6º DE PRIMARIA: día 12 ás 16:30h

FIN DE CURSO

DATAS A TER EN CONTA DE CARA A FIN DE CURSO:

- 21 de xuño: entrega dos libros de texto do fondo solidario

- 23 de xuño: data final para entregar as solicitudes de axudas para material, libros de texto e fondo solidario

- 23 de xuño: fin de curso con horario reducido para o alumnado de 10h a 13h. Os alumnos que empreguen o plan madruga poderán facer uso deste servizo dende as 7:45h ata as 10h

- 26 de xuño: entrega de notas de 9:30h a 13:30h

Plan madruga curso 2015/16

Durante o vindeiro curso as familias que o necesiten poderán facer uso do servizo "Plan Madruga". Do 11 ao 30 de setembro será a Anpa Os Olmos a que leve a cabo este servizo de forma gratuíta para os seus socios,  dende o 1 de outubro será o Concello o que se faga cargo del. 

O horario para todo o curso é de 7:45h a 9h.

No seguinte enlace está a información na web do Concello

http://www.cambados.gal/eportal/portal/index.php?id_seccion=15&js=si&aja...

 

Plan madruga curso 2015/16

Durante o vindeiro curso as familias que o necesiten poderán facer uso do servizo "Plan Madruga". Do 11 ao 30 de setembro será a Anpa Os Olmos a que leve a cabo este servizo de forma gratuíta para os seis socios,  dende o 1 de outubro será o Concello o que se faga cargo del. 

O horario para todo o curso é de 7:45h a 9h.

No seguinte enlace está a información na web do Concello

http://www.cambados.gal/eportal/portal/index.php?id_seccion=15&js=si&aja...

 

Resultados da avaliación de diagnóstico 2013/2014

A continuación colgamos os resultados da avaliación de diagnóstico do curso 2012-2013; cumprindo a normativa vixente de comunicación ás familias dos mesmos.

Resultados (premer para ver o arquivo)

Distribuir contido


by Dr. Radut