Skip to Content

Comunicados

AULA VIRTUAL

A aula virtual do Ceip San Tomé xa está habilitada para que o alumnado de infantil e primaria (de 1º a 4º) poidadiariamente consultar os contidos e realizar as actividades propostas na mesma. 

Os contidos diarios serán colgados antes das 10h de cada día, de tal xeito que a partir desa hora non haberá novas publicacións ata o día seguinte.

Lembramos que serán actividades de reforzo e que non terán carácter avaliable, como así indican as medidas dadas dende a Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional.

Estamos ante unha situación descoñecida para todas/os, polo que pedimos comprensión no caso de que haxa erros, que serán subsanados na medida que vaiamos sendo conscentes deles.

Podedes consultar calquera dúbida empregando o correo electrónico do colexio:

ceip.san.tome@edu.xunta.gal

O alumnado de 5º e 6º de primaria, ao estar adheridos ao proxecto edixgal, realizará este procedemento a través da plataforma EVA.

 

SUSPENSIÓN DAS CLASES DURANTE 14 DÍAS

A Xunta de Galicia ven de anunciar a suspensións das clases por un período de 14 días dende o luns, 16 de marzo. A asistencia será voluntaria durante a xornada do venres 13 de marzo.

https://www.xunta.gal/notas-de-prensa/-/nova/47969/feijoo-avanza-posta-marcha-novas-actuacions-centradas-prevencion-para-conter

A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional publicou as medidas adoptadas na súa web, podedes acceder á nova dende o enlace:

http://www.edu.xunta.gal/portal/medidas-coronavirus

Dende o Ceip San Tomé empregaremos esta web como espazo de comunicación oficial, así como a ferramenta de mensaxería AbalarMóbil. A través de ambas vías iremos informando das novidades que vaian xurdindo neste período.

É un momento para amosar madurez e responsabilidade individual para minimizar os danos do COVID-19, seguindo as indicacións e recomendacións que se nos mandan dende as institucións.

 

SUSPENSIÓN DE ACTIVIDADES

Seguindo a liña de recomendacións que se están a tomar dende todas as institucións, quedan suspendidas todas as actividades extraescolares durante o xoves 12 e o venres 13 de marzo.

 

Reunións inicio de curso

A continuación publicamos data e hora das reunións de infantil e 1º e 2º de Primaria:

 

REUNIÓN DE INFANTIL:

DÍA 7 DE SETEMBRO ÁS 11h NO XIMNASIO

 

REUNIÓN DE 1º E 2º DE PRIMARIA

DÍA 7 DE SETEMBRO ÁS 10h NA BIBLIOTECA

REUNIÓN DE 3º E 4º DE PRIMARIA

DÍA 11 DE SETEMBRO ÁS 12H

 

REUNIÓN DE 5º E 6º DE PRIMARIA

DÍA 11 DE SETEMBRO ÁS 10:30H

INICIO DE CURSO e REUNIÓNS COAS FAMILIAS

O vindeiro luns 11 de setembro comeza o curso escolar en horario de 9h a 14h

Como cada inicio do ano académico haberá reunións coas familias, que terán os seguintes datas e horarios:

 

- EDUCACIÓN INFANTIL: día 7 ás 11h (Ximnasio)

- 1º e 2º DE PRIMARIA: día 7 ás 12:30h

- 3º E 4º DE PRIMARIA: día 12 ás 16h

- 5º E 6º DE PRIMARIA: día 12 ás 16:30h

FIN DE CURSO

DATAS A TER EN CONTA DE CARA A FIN DE CURSO:

- 21 de xuño: entrega dos libros de texto do fondo solidario

- 23 de xuño: data final para entregar as solicitudes de axudas para material, libros de texto e fondo solidario

- 23 de xuño: fin de curso con horario reducido para o alumnado de 10h a 13h. Os alumnos que empreguen o plan madruga poderán facer uso deste servizo dende as 7:45h ata as 10h

- 26 de xuño: entrega de notas de 9:30h a 13:30h

IMPORTANTE: NOVA CONVOCATORIA DE AXUDAS PARA MATERIAL ESCOLAR

Axudas para a adquisición de material escolar - Curso escolar 2015-2016

 

Educación primaria,  educación secundaria obrigatoria e  educación especial

Convocatoria 2. Finalización dos prazos para:

1º) Solicitude: 21.11.2015

2º) Xeración de vales no centros: 26.11.2015

3º) Entrega dos vales nas librarías: 30.11.2015

 

Artigo 2. Requisitos 1.

Para ser beneficiario desta axuda é preciso cumprir os seguintes requisitos: a) Ser pai/nai/titor ou titora legal do alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria ou educación especial nun centro sostido con fondos públicos durante o curso escolar 2015/16, cando se atope nos supostos indicados no artigo 1.1 desta orde.

b) Non estar incurso nas prohibicións para obter a condición de beneficiario, recollidas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

c) Ter unha renda per cápita familiar igual ou inferior a 5.400 euros. 2. Non poderá solicitar novamente esta axuda o alumnado que se acollese ás axudas para a adquisición de material escolar reguladas pola Orde do 25 de agosto de 2015 e reunise os requisitos establecidos nela, por ser válida a anterior solicitude

Inicio do curso 14/15

As clases comezarán o vindeiro 10 de setembro co acto de presentación que terá lugar de 10h a 11h.

O día 11 o horario será o habitual de 9h a 14h, agás os alumnos/as de 4º de Educación Infantil (3 anos) que terán o seu propio dentro do período de adaptación.

Protocolo para a prevención e o control do absentismo escolar

Dende a Consellería de Educación enviáronse aos centros instruccións para a prevención e control do absentismo escolar. Consisten basicamente na creación dun protocolo de actuación que será de obrigado cumprimento para os centros sostidos con fondos públicos.

A continuación poñémosvos os enlaces ao protocolo e á nova ampliada na web da Xunta:

Protocolo educativo para a prevención e control do absentismo escolar en Galicia

Enlace á web da Consellería coa nova ampliada

Alerta meteorolóxica para o martes 4 de febreiro

Pinchando no enlace accederás á web da Xunta de Galicia onde se recolle de forma detallada esta información.

Alerta meteorolóxica

Distribuir contido


by Dr. Radut