Cada 30 de xaneiro (dende 2014) celébrase o “Día da Ilustración” por ser o aniversario do nacemento de Castelao. O Día da Ilustración é unha iniciativa da Consellería de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia en colaboración coa Asociación Galega de Profesionais da Ilustración (AGPI).
Xa que o día 30 tamén conmemoramos o DENIP (Día Escolar da Non-violencia i PAZ), Leo León quere unir as dúas cousas e animarvos a que deseñedes un cartel con mensaxe de PAZ.
NORMAS DESTE CONCURSO:
- -
Fai o teu deseño en tamaño A5 (medio folio) ou A4 (tamaño folio).
- -
Reflexiona un intre e intenta conectar unha mensaxe de Paz co tema de investigación do cole deste curso: “Camiños Virtuais”.
- -
Deseña, decora, adorna, colorea, perfila …
- -
Escribe o teu nome e curso e entrega á túa titora, ou titor.
- -
O prazo de presentación remata o venres 29/01/2021