Colonia de morcegos na leoteca Bibliosoños

 Estimados lectores e lectoras, xa chegou a primavera á leoteca Bibliosoños!!!  

Pasou marzo ventoso e aquí chega xa abril chuvioso cargadiño de: contos, poesías, xornais e novos concursos!

 

Non podemos consentir que as trazas, ou couzas, veñan de lambonas a comer nos nosos libros favoritos, de modo que convidamos a unha pandilla de morcegos (que devecen por comer trazas e couzas) a vivir na nosa Bibliosoños. 

Precisamos un nome para a súa colonia, de modo que, ánimo!, colle unha tarxeta na corcheira á porta da Leoteca e deixa a túa suxerencia  

Tes ata o luns 30 deste mes de abril!

Durante o mes de marzo chegaron á Leoteca as caixas para acubillar á "Colonia de Morcegos".

Tal como acontece en Portugal, na biblioteca da Universidade de Coimbra (chamada “Joanina”)  

 onde vive unha colonia, real, de morcegos aos que agradecerlles a conservación dos libros grazas á súa dieta de insectos. 

Resultado de imaxes para gusano come libro colore4a 

Organizaremos concursos para darlles nome e acoller na nosa Leoteca a estes novos personaxes que seguro teñen moitos contos e historias para nós.

Un saúdo, o voso amigo Leo León.

Busca un libro

OPAC (Online Public Access Catalog)

Recomendacións

Animación á Lectura

Voluntariado

Desiderata

 

Proxectos PDI

Formación de Usuarios


Catálogo

Videos da Leoteca


Enquisas

Noticias en Bibliosoños

Novas/Xornal/Radio