ABERTO O PRAZO PARA O FONDO SOLIDARIO LIBROS DE TEXTO E AXUDAS PARA A ADQUISIÓN DE LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR
Prazo de solicitude: do 21/05/2024 ao 21/06/2024 (ambos incluídos)
Texto da convocatoria: ORDE do 7 de maio de 2024 (DOG do 20 de maio)
Procedemento administrativo: ED330B
Encontraredes toda a información na aplicación fondo libros pinchando o seguinte enlace: fondolibros
As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica
Forma de presentación de solicitudes:
Electrónica: utilice esta aplicación e presente a solicitude na Sede Electrónica
IMPORTANTE: na presentación electrónica deberá presentar unha solicitude individual para cada un dos seus fillos/as
Necesitará: A) conta de Chave365 ou B) ter instalado certificado dixital ou DNI electrónico e máis a aplicación Autofirma.
Presencial con asistencia da aplicación: cubra os datos na aplicación, imprima os Anexos I e II e presentaos no centro
Presencial manual: cubra os Anexos I e II da Orde da convocatoria e presénteos no centro
Documentación:
Copia do libro de familia onde figuren todos os membros computables.
En caso de separación ou divorcio, ademáis deberán achegar a sentenza xudicial e/ou convenio regulador onde conste a atribución da custodia do/a menor.
Publicado no taboleiro interior do centro a LISTAXE DEFINITIVA DE ALUMNADO ADMITIDO para o vindeiro curso académico 2024-2025
Axudas para alumnado con necesidade específica de apoio educativo
Poderá solicitarse nos seguintes casos:
- Discapacidade igual ou superior ao 25%.
- TDAH asociado a discapacidade ou a trastorno grave de conduta.
- Trastorno grave de conduta.
- Trastorno grave da comunicación e linguaxe asociado a NEE
- Trastorno do espectro autista (TEA).
- Altas Capacidades Intelectuais.
O TDAH que non está asociado a discapacidade ou o trastorno grave de conduta e as dificultades de aprendizaxe de lectura e/ou escritura (Dislexia) NON entran neste tipo de axudas.
Mantense a axuda complementaria de 400€ para as familias de alumnado con necesidade específica de apoio educativa.
PRAZO: do 30 de abril ao 13 de setembro de 2024
O pasado martes 23 de abril conmemoramos o Día do Libro. Baixo o lema "Leituga por lectura" os nenos/as maiores fixeron, unha vez máis, de padriños/madriñas lectores dos máis pequenos. Aproveitando o bo tempo fixemos a actividade no espazo exterior e, ao rematar, os padriños e madriñas foron agasallados cunha leituga da nosa horta que con moito cariño lles entregaron os seus afillados e afilladas. Tamén houbo música, cancións e, sobre todo, benestar nesta xornada.
Aquí vos deixamos un pequeno vídeo da xornada.
O alumnado de 6º puido gozar dunhas xornadas coa comunidade de montes de Vigo.
Dende o cole queremos agradecer o traballo dos profesionais que viñeron a axudarnos coa actividade.
Deixamos un pequeno vídeo resumo!
No mes de febreiro estivemos aprendendo e traballando sobre o amor e amizade. Nas aulas de arts o alumnado fixo fermosos traballos e tamén os máis maiores do cole fixeron un intercambio de postais.
Aquí tedes un vídeo para ver a exposición de traballos!
Bye!!!
O 2 de abril é o Día Mundial do Autismo e queremos visualizar esta importante causa para fomentar a conciencia sobre o trastorno do espectro autista.
O autismo é un desafío neurolóxico que impacta a comunicación, o comportamento e as habilidades sociais, pero nunca debe ser motivo de discriminación nin de exclusión.
Abracemos o valor das diferenzas
Naturalicemos a neurodiversidade.
Este venres 8 de marzo, Día Internacional da Muller, baixo o lema "Rompendo barreiras de xénero" acudiron ao cole mulleres cuxas profesións ainda teñen unha baixa presenza feminina.
Foi unha xornada moi enriquecedora, con charlas e videoconferencias que nos permitiron coñecer un pouquiño máis estas profesións (xeóloga, oceanógrafa, enxeñeira, compositora e pilota de avión) e as súas propias historias persoais. Damos as grazas a Gemma e Nieves, a Jessica, a Cristina, a Laura e a Paula polo seu tempo e polas súas amenas conferencias.
Aquí vos deixamos un vídeo da xornada.
Presentación solicitude praza ordinaria (Nova admisión)
Curso 2024-2025
DO 1 AO 20 DE MARZO (ambos inclusive)
Instruccións para a presentación da solicitude:
- Telemática
ou
- Presencial no centro educativo indicado en primeiro lugar
POSTOS ESCOLARES VACANTES CURSO 2024-2025
NIVEL EDUCATIVO |
POSTOS VACANTES |
4º Educación Infantil |
20 |
5º Educación Infantil |
1 |
6º Educación Infantil |
0 |
1º Educación Primaria |
0 |
2º Educación Primaria |
0 |
3º Educación Primaria |
0 |
4º Educación Primaria |
0 |
5º Educación Primaria |
0 |
6º Educación Primaria |
0 |
Un ano máis, co motivo da data do nacemento de Rosalía de Castro (23 de febreiro) rendimos homenaxe a esta maravillosa poeta.
Nesta ocasión confeccionamos un mural con preguntas e respostas sobre a escritora, recitamos algunha estrofa dos seus poemas máis coñecidos e o alumnado de 5º EP sorprendeunos cunha preciosa Alborada musicada e cantada. Aquí vos deixamos as evidencias da xornada.
ROSALÍA, O AMOR DA PATRIA GALEGA
TODO O ALUMNADO QUE RESERVOU PRAZA NO IES ADSCRITO AO CENTRO (IES VALADARES) EN 1º ESO PARA O VINDEIRO CURSO ACADÉMICO 2024-2025 ESTÁ ADMITIDO
O pasado venres 16 de febreiro celebramos o Entroido no cole. Aproveitando o programa de actividade física e hábitos saudables que estamos desenvolvendo no centro disfrazámonos das diferentes clases de alimentos da pirámide alimentaria. Uns foron de froitas, outros de legumes e hortalizas, outros de produtos lácteos e os mais maiores de alimentos proteicos. As nais da ANPA foron as cociñeiras e o noso Meco foi unha lambonada... Pasamos unha xornada con chocalatada, churros e outros produtos típicos desta data moi divertida!
Aquí vos deixamos un pequeno vídeo da xornada
Hoxe acudimos ao Museo Verbum para disfrutar do programa de actividades organizado polo Concello para celebrar o Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia. Primeiro asistimos a conferencia da investigadora biomédica da Universidade de Vigo e divulgadora científica Nuria Estévez Gómez e logo a unhos talleres prácticos científico-tecnolóxicos que lles encantaron a todos os alumn@s de 5º e 6º de Ed. Primaria. Foi unha xornada moi interesante.
Aquí vos deixamos un vídeo.