Rutis-Vilaboa. Culleredo (A Coruña) - ceip.sofia.casanova@edu.xunta.gal - Tlf.: 881960290

VISITA DE ALBERTO SEOANE

Hoxe recibimos a visita do gran deportista coruñés ALBERTO SEOANE. 

Grazas por compartir o teu tempo connosco. 

 

DÍA DE ROSALÍA 2024

Xa está dispoñible a celebración do DÍA DE ROSALÍA no blog HABELAS HAINAS 7.0 do Equipo de Dinamización da Lingua Galega coa recopilación de imaxes e o recitado do alumnado de 1º de EP.

ENTROIDO 2024

Subide o volume e gozade do Entroido nas Olimpíadas do noso cole!

  

  

Para acceder ao vídeos do desfile, preme enriba de cada grupo:

- ACTUACIÓN GRUPO EDUCACIÓN INFANTIL.

- ACTUACIÓN GRUPO 1º E 2º EP.

- ACTUACIÓN GRUPO 3º EP.

- ACTUACIÓN GRUPO 4º EP.

- ACTUACIÓN GRUPO 5º EP.

- ACTUACIÓN GRUPO 6º EP.

XORNADAS DE PORTAS ABERTAS

MANDADIÑOS DO MECO 2024

CELEBRACIÓN DO DÍA DA PAZ 2024

O martes 30 de xaneiro celebramos o Día da Paz con dous circuitos, respectivamente, un para infantil e primeiro ciclo de EP e outro para segundo e terceiro ciclos de primaria.

4º de PRIMARIA VISITA O AQUARIUM

O pasado venres 19 de xaneiro o alumnado de 4º de primaria visitou o Aquarium Finisterrae.

Preme na imaxe para ver algúns dos marabillosos momentos vividos.

Reserva praza secundaria

De conformidade co establecido na Orde da Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades do 21 de outubro de 2022, que regula o procedemento de admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos, comunicamos:

Este centro esta adscrito ao IES Rego de Trabe. As familias que desexen que os/as seus/súas fillos/as continúen a súa formación nese IES deberán presentar, entre o 15 de xaneiro e o 5 de febreiro do 2024, ambos incluídos, a solicitude (anexo I-código ED550A) debidamente cuberta no centro ou a través da aplicación admisionalumnado (https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/).

As listaxes de admitidos, que se publicarán o día 22 de febreiro, poden consultarse no centro.

O alumnado de 6º curso que non faga a reserva de praza no IES Rego de Trabe no prazo establecido, deberá participar no proceso xeral de admisión como se fose alumnado novo, debendo presentar cumprimentado no Instituto que desexen, do 1 ao 20 de MARZO, o anexo II da Orde.

21 de decembro: Unha vista especial e a festa de fin de trimestre.

Unha xornada especial a vivida o 21 de decembro. Primeiro, grazas a ANPA, visitáronnos Melchor, Gaspar e Baltasar. Despois, tivemos a festa de fin de trimestre: Oh là là París

 

RMagos

 

HIXIENE BUCAL

O mércores, o alumnado de 4º recibiu a visita da odontóloga Ana para aprender moitísimo sobre a hixiene bucal.

 

Distribuir contido