Rutis-Vilaboa. Culleredo (A Coruña) - ceip.sofia.casanova@edu.xunta.gal - Tlf.: 881960290

CONMEMORACIÓN DO 25N

Hoxe conmemoramos o 25 N sensibilizando ao alumnado nesta terrible problemática que vive a sociedade actual a través de distintas actividades. 

SAÍDA EDUCACIÓN INFANTIL

 O alumnado da etapa de Educación Infantil despois de investigar na aula o outono desprazouse ata a área recreativa de Barreiros, en Arteixo, para experimentar todo o aprendido sobre esta estación. 

SAÍDA TEATRO DE EDUCACIÓN PRIMARIA

Hoxe, o alumnado de educación primaria, asistiu á representación teatral KYOKI.  

O MAGOSTO '23

Amosamos unha pequena mostra da fantástica xornada vivida o venres 10 de novembro durante a celebración do MAGOSTO.

Parabéns á ANPA pola súa realización.

 MAGOSTO

PLAN DIRECTOR

SAMAÍN 2023

Aquí deixamos unha mostra das actividades realizadas co motivo da celebración do SAMAÍN 2023.

Coñecendo deportes BALONMÁN-Proxecto de Vida Activa e Deportiva

A semana pasada recibimos a visita do “Club de Balonmán Culleredo”.

Todo o alumnado da etapa de educación primaria e parte de Infantil (5º e 6º EI) tivo a oportunidade de iniciarse neste deporte grazas aos adestradores Álex e Micky que fixeron unha presentación práctica e lúdica do seu deporte. Ademáis, explicaron o funcionamento do club (localización, horarios de adestramento…) e invitaron aos escolares a compartir dúas semanas de adestramentos gratuitos con eles.

Un ano máis, moitas GRAZAS POR VISITARNOS.

Esta visita cumpre cos algúns dos obxectivos do noso Proxecto de Vida Activa e Deportiva (PVAD) como:

- Colaborar con asociacións deportivas e deportistas para a realización de actividades físicas e actividades extraescolares.

- Fomentar o uso activo do tempo de lecer tanto na escola como fóra da mesma.

- Coñecer os recursos deportivos dispoñibles do noso Concello e arredores.

balonman

BICIS EN INFANTIL-Proxecto de Vida Activa e Deportiva

Un dos obxectivos do noso Proxecto de Vida Activa e Deportiva (PVAD) é crear hábitos que perduren fóra do centro escolar e ao longo de toda a vida. Que mellor maneira de facelo que usando as bicicletas que temos no centro.

Hoxe, 16 de outubro, o noso alumnado de 4º de infantil aproveitando unha climatoloxía favorable non o dubidou, puxéronse os cascos, colleron as bicis e saíron dar unha voltiña polo noso centro.

Parabéns rapazada!

NOVA ANPA

O novo equipo que conforma a ANPA dálles a benvida ao novo curso escolar e pon á súa disposición os seguintes documentos con información relativa á oferta de actividades extraescolares e servizo de almorzos e comedor:

- CIRCULAR INICIO DE INICIO DE CURSO 2023-2024

Fe de erratas: na actividade de cociña I e II o prezo correcto é 29 euros por 2 días á semana, non 16 euros.

- NORMAS FUNCIONAMENTO ALMORZOS.

Tamén poden consultar toda a información no seu BLOG.

CALENDARIO ESCOLAR PARA O CURSO 2023-2024

No seguinte icono poderá consultar o calendario escolar.

 

 

Distribuir contido