Rutis-Vilaboa. Culleredo (A Coruña) - ceip.sofia.casanova@edu.xunta.gal - Tlf.: 881960290

Coñecendo deportes BALONMÁN-Proxecto de Vida Activa e Deportiva

A semana pasada recibimos a visita do “Club de Balonmán Culleredo”.

Todo o alumnado da etapa de educación primaria e parte de Infantil (5º e 6º EI) tivo a oportunidade de iniciarse neste deporte grazas aos adestradores Álex e Micky que fixeron unha presentación práctica e lúdica do seu deporte. Ademáis, explicaron o funcionamento do club (localización, horarios de adestramento…) e invitaron aos escolares a compartir dúas semanas de adestramentos gratuitos con eles.

Un ano máis, moitas GRAZAS POR VISITARNOS.

Esta visita cumpre cos algúns dos obxectivos do noso Proxecto de Vida Activa e Deportiva (PVAD) como:

- Colaborar con asociacións deportivas e deportistas para a realización de actividades físicas e actividades extraescolares.

- Fomentar o uso activo do tempo de lecer tanto na escola como fóra da mesma.

- Coñecer os recursos deportivos dispoñibles do noso Concello e arredores.

balonman

BICIS EN INFANTIL-Proxecto de Vida Activa e Deportiva

Un dos obxectivos do noso Proxecto de Vida Activa e Deportiva (PVAD) é crear hábitos que perduren fóra do centro escolar e ao longo de toda a vida. Que mellor maneira de facelo que usando as bicicletas que temos no centro.

Hoxe, 16 de outubro, o noso alumnado de 4º de infantil aproveitando unha climatoloxía favorable non o dubidou, puxéronse os cascos, colleron as bicis e saíron dar unha voltiña polo noso centro.

Parabéns rapazada!

NOVA ANPA

O novo equipo que conforma a ANPA dálles a benvida ao novo curso escolar e pon á súa disposición os seguintes documentos con información relativa á oferta de actividades extraescolares e servizo de almorzos e comedor:

- CIRCULAR INICIO DE INICIO DE CURSO 2023-2024

Fe de erratas: na actividade de cociña I e II o prezo correcto é 29 euros por 2 días á semana, non 16 euros.

- NORMAS FUNCIONAMENTO ALMORZOS.

Tamén poden consultar toda a información no seu BLOG.

CALENDARIO ESCOLAR PARA O CURSO 2023-2024

No seguinte icono poderá consultar o calendario escolar.

 

 

DOCUMENTOS DO CENTRO DESCARGABLES

COMEZO DO CURSO ESCOLAR 2023-2024

REUNIÓN 4º NIVEL DE EDUCACIÓN INFANTIL (3 ANOS)

Convócase ás familias do alumnado do 4º nivel de Educación Infantil a unha reunión co equipo docente ás 10:30 horas do mércores 6 de setembro no edificio de Educación Infantil. Poderán asistir os propios nenos e nenas.

Toda a información relativa a material escolar explicarase nesa reunión.

Pregamos ás familias que descarguen a aplicación móbil ABALAR para estar ao corrente dos avisos achegados dende o centro.

MATERIAL 2023-2024

 

EDUCACIÓN INFANTIL

 

1º DE EDUCACIÓN PRIMARIA
2º DE EDUCACIÓN PRIMARIA  
3º DE EDUCACIÓN PRIMARIA
4º DE EDUCACIÓN PRIMARIA  
5º E 6º DE EDUCACIÓN PRIMARIA

FELIZ CURSO 2023-2024

Instrucións cumprimentación autodeclaración comedor escolar

Segundo a Instrución 3/2023, sobre funcionamento dos comedores escolares de xestión indirecta no curso escolar 2023-2024,

Achéganse as instrucións para a cumprimentación e o modelo de autodeclaración para o pagamento das tarifas do COMEDOR ESCOLAR (preme aquí)

Poderase entregar por correo electrónico ata o 1 de setembro ou na secretaría do centro presencialmente, dende o 5 ao 14 de xullo ou 1 de setembro.

Distribuir contido