Skip to Content

NOVO NÚMERO DE TELÉFONO

886110075

Histórico centro

BiblioSolanas

     LIA

 

 

 

Biblioteca

MAQUETAS METEOROLÓXICAS 5º PRIMARIA 2022

Unha estación meteorolóxica é unha instalación destinada a medir e rexitrar regularmenre diversas variables meteorolóxicas.

O alumnado de 5º primaria crearon as súas propias estacións;

 

DIA DA PAZ 2022

CON PAZ A VIDA É MAXIA

Hedwing era o moucho e compañeiro máxico de Harry Potter. Cada neno/a lle fixo unha pluma cunha mensaxe desexo de boas accións e pensamentos de paz.

 

 

O alumnado de primaria aprendeu nun obradoiro de origami a facer pombas da paz

Saímos no Faro de Vigo!

       
 

O pasado día 29 de xaneiro saíu unha noticia sobre a volta de Radio Treboada ás ondas!

Que ledicia tivemos tod@s! Ademais, na noticia, facíase eco das boas novas que ten a nosa biblioteca. Non vos contamos mais para que as leades e os poidades sorprender!

Podedes premer aquí para acceder á noticia.

 
 

 
     

Programa de Radio Treboada 4-febreiro-2022

Aquí está de novo... RADIO TREBOADAAA!!
De feito, houbo unha grande treboada no colexio que... animáronse a participar tanto 3º coma 6º de primaria!! Xa somos 4 as clases que traballan a cotío para elaborar este programa semanal.
MOITAS GRAZAS!
Xa sabedes, dádelle a "play" e... desfrutade informándovos das noticias, curiosidades e tolarías que compoñen o programa de... Radio Treboada!

 

RECOLLIDA DE PILAS

Firma de libros con Ledicia Costas

       
  

Tal e como anunciou Radio Treboada no seu cuarto programa, o sábado día 5 Ledicia Costas estivo nunha libraría da Guarda firmando libros.
Aquí tedes a algúns alumnos/as que non quixeron perder tal ocasión! Vaia emoción levaron!

  
   
     

 

PROXECTO ÁFRICA. AULA DE 4 ANOS.

Programa de Radio Treboada 11 de febreiro 2022

É venres e todos sabemos que... Radio Treboada emite o seu programa!
Hoxe non é un venres calquera. Hoxe é venres 11 de febreiro! Sabedes que significa iso? Que hoxe se conmemora o Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia!
É por iso que decidimos que este programa versaría sobre este gran día. Nós tamén queremos conmemoralo!
Xa sabedes, dádelle ao "play" e... a gozar coa información que nos traen os treboeiros/as!

 

 



by Dr. Radut