Skip to Content

NOVO NÚMERO DE TELÉFONO

886110075

Equipo de Orientación

INFOGRAFÍA SOBRE A REALIZACIÓN DE FOTOGRAFÍAS DAS TAREFAS PARA ENVIAR AO PROFESORADO

 

Moitos e moitas de vós enviades ao profesorado fotografías das tarefas realizadas na casa para que vexan o voso traballo e esforzo nesta situación de teledocencia.

A continuación compartimos con vós unha infografía sobre a realización destas fotografías para que o profesorado poida ver con claridade os vosos traballos.

 

*INFORMACIÓN DE CONTACTO CO DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN.*

 

SE QUERES POÑERTE EN

CONTACTO CO 

DEPARTAMENTO DE

ORIENTACIÓN,

CON CALQUEIRA D@S SEUS

INTEGRANTES (PT, AL OU

ORIENTADOR/A) ESCRÍBENOS

AO SEGUINTE 

CORREO ELECTRÓNICO:

 

doceipsolanas@gmail.com

ATENCIÓN PSICOLÓXICA CONCELLO DE A GUARDA.

 

A continuación, podedes consultar na seguinte imaxe o servizo que ofrece o noso Concello sobre asistencia psicolóxica telefónica.

O servizo está dispoñible tanto para nenos, nenas, familias ou mesmo, profesionais de diferentes ámbitos que se atopen nunha situación de nerviosismo, tristeza ou outras reaccións prolongadas que afecten ao seu desempeño laboral ou relacións sociais.

O servizo é totalmente gratuito, de luns a venres de 10h a 14h. e tedes os números de teléfono na seguinte infografía realizada polo Concello.

 

 

VIDEOCONTO: "RESPIRA"

 

Nestes días é moi normal que as nosas emocións sexan unha montaña rusa. Pais, nais, nenos, nenas, avós, avoas... Resulta moi necesario reservar un oco no noso día a día para xuntarnos nun ambiente calmado, sosegado e preparado para... RESPIRAR

Aproveitade este videoconto para relaxaros un pouco en familia. Dádelle ao play, volume suficiente para entender o que nos di e sentados imos a facer con calma e en silencio o que nos vai dicindo.

Desfrutade!

 

Preme na imaxe.

 

RECURSOS INTERACTIVOS PT E AL.

 

Queremos compartir con vós un espazo web no que podedes atopar un montón de fichas interactivas para reforzar o traballo de Audición e Linguaxe e de Pedagoxía Terapéutica.

O bo que teñen estas fichas é que son moi atractivas para o alumnado e poden cubrirse directamente no móbil, tablet ou ordenador, sen necesidade de imprimilas nin copialas.

Ademais, permite comprobar as respostas  ou envialas por correo electrónico do/a mestre/a unha vez rematadas.

Se navegades pola web, atoparedes tamén actividades relacionadas con outras áreas, coma por exemplo: ciencias, matemáticas, inglés, linguas... 

Pode resultar un bo material de reforzo para as familias que teñan os medios e tempos suficientes e queiran ampliar o traballo que se envía dende a titoría, que é o traballo imprescindible.

- Actividades PT-AL.

- Actividades AL.

GUIA PARA O ACOMPAÑAMENTO EMOCIONAL.

 

Nesta guía elaborada pola psicóloga Estela Mediavilla, podedes atopar ideas sobre cómo afrontar esta situación cos vosos fillos e fillas atendendo ás súas emocións.

Ademáis, recolle algunhas ideas para organizar os tempos e algunhas actividades que vos axudarán no voso día a día.

 

Guia Acompanamiento Emocion... by Maria Masana Martinez on Scribd

ENQUISA FAMILIAS.

 

Seguindo á espera de Instruccións por parte da Consellería, dende o Departamento de Orientación decidimos elaborar unha enquisa moi sinxela para saber a situación de cada unha das nosas familias e así organizar o mellor posible o 3º trimestre.

Foi elaborada en Google Forms e enviada a través de Tokapp.

Toda a información recollida será de vital importancia para a nosa labor.

Moitas grazas familias!

Recordade que tedes ata as 12 da noite do venres 17 de abril para cubrila.

DE VOLTA!

 

Xa estamos aquí!

Nesta volta da semana santa, esperamos que todos e todas sigades ben.

Queremos informarvos que todos os centros educativos galegos estamos á espera de instruccións para saber cómo temos que levar a cabo o 3º trimestre.

Aquí tedes a información que temos ata agora:

 

 

 

Cando dispoñamos de máis información, poñerémonos en contacto con vós.

Un saúdo!

RECOMENDACIÓNS DA OMS E MAPA DO TESOURO.

 

Neste último día antes da vacacións en casa de Semana Santa, queremos recordarvos unhas recomendacións que nos fai a OMS para lidiar co estrés nesta situación de confinamento. Seguramente todos e todas xa as coñecedes, pero queremos enfatizar as máis importantes neste momento complicado no que se cumplen 3 semanas de encerro.

 

Oms by Maria Masana Martinez on Scribd

 

Ademais, como estaremos un tempo sen subir materiais, propoñémosvos un xogo que podedes facer durante estos días, elaborado por Manu Velasco. Trátase dun mapa do tesouro con diferentes ideas para que os nenos e neas investiguen, lean, xoguen, se movan e se expresen na casa. 

Dispoñible no seguinte enlace: https://view.genial.ly/5e80aa5a5ad5150d93d84755

 

 

ATA O 14 DE ABRIL!

 

TANGRAM.

 

O Tangram é un xogo tradicional oriental moi antigo.

A única premisa que ten é que en todas as figuras que formemos, teremos que utilizar as sete pezas.

Hai varios niveis:

- Nivel 1: só hai que colocar as pezas sobre as plantillas ata completala, para obter a figura que se indica. Por exemplo: un barco.

- Nivel 2: o neno/a ve a figura en color e terá que formala, tendo ésta como referencia visual.

- Nivel 3: só se amosa unha silueta opaca do obxecto e o neno/a ten que creala utilizando o Tangram.

 

Tamén poden utilizar as pezas sen tarxetas e facer creacións propias.

 

Outro uso do tangram se refire á súa aplicación á xeometría ou para resolver algúns problemas matemáticos, complementándoos de forma práctica e visual.

 

Ten varios beneficios:

- Mellora a concentración.

- Desenvólvese a capacidade reflexiva.

- Fomenta a creatividade.

- Axuda ao desenvolvemento de capacidades matemáticas, coma a organización espacial.

 

Propoñémosvos que fagades o voso propio e tratedes de elaborar as figuras que vos adxuntamos, pasando polos diferentes niveis.

 

 

Tang Ram by Maria Masana Martinez on Scribd

Distribuir contido


by Dr. Radut