Skip to Content

NOVO NÚMERO DE TELÉFONO

886110075

Equipo de Orientación

2 ABRIL: DÍA DA CONCIENCIACIÓN DO AUTISMO.

 

Mañá 2 de abril, é o Día da concienciación sobre o Trastorno do Espectro Autista e queremos que colaboredes con nós na súa visibilización e apoio da seguinte maneira:

COMECOCOS DAS EMOCIÓNS.

 

Ola familias.

Está claro que nestes días, as emocións dos vosos fillos e fillas mais as vosas, están a flor de pel.

Propoñémosvos que elaboredes un "comecocos das emocións" para, ademais de pasar o tempo facendo unha manualidade, ter un instrumento que vos sirva para falar e expresar as vosas emocións e así poder axudarvos a controlar o voso mundo interior.

A continuación ofrecémosvos unha plantilla, pero perfectamente podedes facer cada un/ha o voso propio, soamente necesitades un papel tamaño A4.

PROCESO DE ELABORACIÓN:

1. Recorta o cadrado marcado. No caso de elaborar o voso propio comecocos, facede un cadrado co folio A4 doblando por unha esquina superior cara o lado contrario e facede o mesmo coa outra esquina superior, pois desa forma crearedes un cuadrado.

 

2. Dobra pola metade.

 

 

3. Dalle a volta ó papel.

 

 

4. Dobra cada esquina cara o centro do cadrado.

 

 

5. Volve a dobrar as novas esquinas cara o centro do cadrado.

 

 

6. Cando o comecocos quede desta maneira, continúa no seguinte paso.

 

 

7. Dobra pola metade deste modo.

 

 

8. Xa tes o comecocos listo para usar. No caso de facer o teu propio, elabora primeiro o comecocos e cada o teñas feito, decórao coas emocións e as accións que ti queiras.

 

 

Cocote Emotion Es by Maria Masana Martinez on Scribd

70 IDEAS PARA XOGAR NA CASA.

Aquí tedes 70 ideas de xogos sinxelos para facer na casa que vos farán pasar o tempo distraídos/as.

 

 

70 Ideas Para Jugar en Casa by Maria Masana Martinez on Scribd

MARATÓN NA CASA!

 

Aquí tedes unhas tarxetas con probas moi sinxelas para pasar o tempo en casa.

 

 

Tarjetas-para-un-super-¡¡MARATÓN-EN-CASA by Maria Masana Martinez on Scribd

CÁPSULA DO TEMPO

Estamos a vivir unha situación histórica, quizáis sexa o momento idóneo para deixar no recordo emocións, sentimentos, medos, preguntas, obxectos... Por iso, propoñémosvos facer unha cápsula do tempo. Calquera cousa que queiras gardar vale!  

Qué tes que facer? 

1. Decora unha caixa, un bote, o que teñas por casa.

2. Ponlle a data, o teu nome.

3. Busca un lugar especial onde gardala.

4. Vai metendo dentro todo o que queiras gardar na cápsula do tempo.

5. Espera a que todo esto pase, porque PASARÁ, e tal vez un día poidas recordar todos esos sentimentos e emocións e mirar cara atrás dicindo: "Nós, puidemos".

 

 

#YOJUEGOENCASA

25/03/2020 19:15
Europe/Madrid

Dende o Equipo de Patios Dinámicos de Solanas

sumámonos a esta gran iniciativa!

Vos invitamos a visitar a seguinte páxina:

#YOJUEGOENCASA

É TOTALMENTE GRATUITA, e nace da necesidade de

convertir estos días de encerro, agobio e incertidume en días

de XOGO e DIVERSIÓN en FAMILIA.

Alguén aburrido na casa? Pois imos xogar!

Os xogos están creados por profesionais,

incluídos os de Solanas!

Descubre o divertido que pode ser xogar en familia.

Anímate!

 

SERVIZOS SOCIAIS CONCELLO DE A GUARDA

Dende os Servizos Sociais do noso Concello, queren compartir con todas as familias de Solanas os seguintes documentos:

- Unha psicoguía elaborada por psicólogos/as e psicopedagogos/as con información para toda a comunidade en xeral e para algúns colectivos en concreto para saber cómo afrontar esta situación ante o COVID-19:

 

 

 

Psicoguía by Maria Masana Martinez on Scribd

 

 

- Un documento con pequenos consellos psicolóxicos para largos períodos dentro da casa:

 

 

Consejos Periodos Largos en Casa by Maria Masana Martinez on Scribd

 

- Un manual con indicacións para as familias nas que haxa en activo persoal de socorro:

 

 

Indicaciones Personal de Socorro by Maria Masana Martinez on Scribd

30 PLANS DE CUARENTENA.

Hola familias!

Propoñémosvos unha diversidade de plans para facer nestes días de cuarentena que ademais de pretender ser xogos, os nenos e nenas aprenderán moitas cousas fancéndoas.

Deixade que a imaxinación xurda e... a pasalo ben, que é o importante!

 

 

 

 

INFORMACIÓN IMPORTANTE ALUMNADO CON TRASTORNO DO ESPECTRO AUTISTA E CONDUTAS DISRUPTIVAS

Adxúntase Instrucción do 19 de marzo de 2020 e información da Confederación Autismo España sobre a posibilidade do alumnado con diagnóstico de Trastorno do Espectro Autista (TEA) ou problemas condutuais para sair á rúa por causa de forza maior.

A modo de resumo, o alumnado que teña discapacidade cun diagnóstico de TEA ou trastorno de conduta, terán a garantía xurídica de poder circular polas vías de uso público e non ser multadas.

Sen embargo, en coherencia coas instruccións, facemos fincapé no carácter excepcional e de forza maior desta posibilidade recordando que o fundamental é QUEDAR NA CASA. Igualmente, será esencial extremar as precaucións para previr o contaxio se, no caso de URXENCIA OU EXTREMA NECESIDADE, as persoas con TEA e as súas familias teñen que sair á rúa. En todo momento, apélase á responsabilidade individual á hora de afrontar as medidas establecidas. Recordamos que se é necesario saír á rúa, deberá ser cumprindo a norma de que soamente poderá o alumno/a por unha persoa.

Por todo esto, a Confederación de Autismo de España recomenda levar consigo a seguinte documentación:

- Certificado oficial do recoñecemento da discapacidade.

- Copia da Instrucción do 19 de marzo de 2020.

- Informes médicos complementarios nos que se describa a existencia de TEA os problemas condutuais.

Para calquera dúbida, poñerse en contacto no email: maria.masana.martinez@edu.xunta.es

PASAMOS TEMPO XUNTOS.

Bo día. Se xa tedes en marcha os vosos horarios e polas mañás os vosos fillos e fillas adícanse a facer o traballo do cole e a contribuir nas tarefas da casa, dende o Departamento de orientación plantexámosvos un xogo para as tardes no que soamente necesitades dous dados.

Trátase de que lancedes os dous dados e segundo os dous números que saian, busquedes no seguinte cuadro qué actividade podedes facer.

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut