Skip to Content

NOVO NÚMERO DE TELÉFONO

886110075

Equipo de Orientación

Conto "Misión: quedarse en casa"

Familias, 

compartimos con vos unha iniciativa que nos recorda o máis importante nestes momentos: quedar na casa.

Trátase dun conto que podemos ler en familia e que os que teñan medios, poden colorear.

Explica qué é o Coronavirus e por qué é importante a cuarentena.

Ademais, propón facer un diario das cousas que van facendo na casa cada día da cuarentena para conseguir a misión e a súa correspondente medalla.

Animádevos!

Tedes o documento nos arquivos adxuntos.

Guía do Departamento de Orientación

16/03/2020 12:36
Europe/Madrid

 

 

En relación ós últimos sucesos acontecidos no noso país, respecto do

Coronavirus (COVID-19), e seguindoas directrices indicadas pola

Xunta, no Departamento de Orientación do CEIP Plurilingüe

As Solanas,decidimos elaborar unha serie de recomendacións

de traballo enfocadas ó alumnado con NecesidadesEspecíficas

de Apoio Educativo (NEAE), alumnado que recibe apoio de PT

(Yolanda) e AL (Carmen), aíndaque calquera alumno/a o pode

aproveitar, co obxectivo de que durante o período de

inactividade lectivapoida realizar traballos de reforzo e apoio

nos seus fogares.

 

 

 

 



 

 

Guía Departamento de Orientación by Maria Masana Martinez on Scribd

Charla sobre Sexualidade: "De bo rollo"

     
  O alumnado de 6º de Ed. Primaria acudiu o  luns 8 de abril a charla sobre sexualidade: "De bo rollo" ofertada polo concello no Centro cultural.  
   
     

Día da paz 2019

     
   O mércores, 30 de xaneiro, conmemoramos o Día da Paz e Non Violencia, 2019  
   
     

Día da NON violencia de xénero

       
  Dende o colexio tamén nos quixemos sumar a iniciativa do concello para celebrar o Día da NON violencia de xénero.  
 
 
     

Día da Paz 2018

        
  Como tódolos anos, o día 30 de Xaneiro celebramos o Día da Paz. Este ano elaboramos unhs semáforos que nos permitirán solucionar os posibles conflictos que surxan.  
     
 
 
     

Día dos Dereitos dos Nenos

         
 

O luns, 20 de novembro, celebramos no colexio o Día dos Dereitos dos Nen@s cunha posta en comúns dos murais realizados coa temática.

Aquí podedes ver o resultado.

 
 
 
     

Visita a San Xerome

           
 

Visita ao Colexio San Xerome dos nen@s de 4º de Ed. Primaria para coñecerlo centro onde acude o seu compañeiro Pablo c ando non acude ao noso centro.

A experiencia foi moi enriquecedora para tod@s.

 
     
 
 
     

Visita 4º de primaria ao CEEPR San Xerome

O pasado martes 17 de outubro, os nenos e nenas de 4º de primaria visitaron o CEEPR San Xerome.

Alí, coñeceron aos nenos e nenas que van alí a aprender e aos seus mestres/as.

Participaron en varios obradoiros:

- Cociña, onde elaboraron unha receta: "minipizzas de Samaín".

- Artístico, onde bailaron "o twist do corpo", tocaron unha canción con diferentes instrumentos musicais de percusión e fixeron un mural.

- Sala Snoezelen: coñeceron a sala multisensorial e experimentaron con diferentes materiais que estimulan os nosos sensos.

Ademais, compartiron o recreo para xogar xunt@s.

 

Departamento de orientación

00/00/
Array

BECAS E AXUDAS PARA ALUMNADO CON NECESIDADE ESPECÍFICA DE APOIO EDUCATIVO

 

Convocatoria e acceso ó trámite das becas para alumnado con NEAE pinchando aquí.

 

O prazo de solicitudes remata o 28 de setembro.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut