blogue demarisa

I CONGRESO "Aliméntate ben"

O 3 e 4 de maio celebrouse o I Congreso Aliméntate ben no pazo de congresos de Santiago de Compostela. Unha iniciativa da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, en cooperación coa Consellería de Sanidade, coa Consellería do Mar, coa Consellería de Medio Rural e a Escola Galega de Consumo, e en colaboración con Sogama e a USC.

O día 3 de maio o noso proxecto, xunto con outros nove centros de infantil e primaria, foi seleccionado para participar e contar o que facemos entre todos/as no cole.

A experiencia foi marabillosa. Gustounos moito poder contarlle a compañeiros e compañeiras doutros centros, autoridades, e a quen pasara polo noso stand o proxecto de "Almorzos con xeito" que comezamos este ano en primaria, para continuar o bo labor que xa está instalado en Infantil.

Que o noso traballo sexa considerado para recibir un accesit ao mellor proxecto de infantil e primaria danos folgos para seguir traballando nesta liña. Esperemos que esta iniciativa continúe e teñamos a posibilidade de acudir ao II Congreso o vindeiro ano.

                                                                                            PARABÉNS PARA TOD@S!!!!!

Distribuir contido