CAMPIONATO PROVINCIAL DE CROS ESCOLAR

O pasado 12 de abril, 20 atletas do Vales acudiron á final do Campionato Provincial de Cros Escolar, que tivo lugar en Porto do Son. Clasificáronse no cros comarcal en Monfero do pasado novembro.
Viviron unha xornada deportiva cun nivel altísimo, na que a nosa compañeira Ivana trouxo para casa a medalla de ouro de Campioa Provincial na súa categoría.
Parabéns a todos e a todas, especialmente á nosa campioa!

CLICADE NA IMAXE!