Blogues

RAPEANDO NO VALES

A rapazada de 4ºC de Primaria está a piques de se converter en "Estrelas da Música". Mirade que rap compuxeron para aprender as preposicións... Están feitos uns artistas!!

CONTOS EN KAMISHIBAI

A rapazada de 2º versionou algúns contos e inventou outros, para adaptalos a Kamishibai, un teatriño en papel de orixe xaponés.

Non perdades a oportunidade de velos!

CLICADE NA IMAXE

CONTACONTOS PARA 1º...

A rapazada de 1º de Primaria tivo a sorte de participar nunha sesión de Contacontos de distintas obras de Miguel López, El Hematocrítico. Pasárono xenial!

A DIVERSIDADE CULTURAL

Dentro do Proxecto Documental Integrado deste ano, Leo e Mariña propuxéronnos o reto de investigar sobre distintos países. Aquí tedes unha pequena mostra do que aprendimos.

Lembrade visitar o Blog de Leo para aprender máis cousiñas!!

clicade na imaxe

LIBROS DE RECEITAS

Dentro do Proxecto Documental Integrado estamos a aprender un montón de cousas sobre os distintos países. Aquí vos deixamos unha mostra dos receitarios dagúns dos países que estamos a traballar, por se queredes probar algún novo prato!

                   
                   

Premede nas portadas!

XORNADA DE CONVIVENCIA COIRÓS

Os nenos e as nenas "maiores" de Infantil visitaron o cole de Coirós para coñecer aos seus futuros compañeiros e compañeiras en Primaria. Pasárono xenial!

CLICADE NA IMAXE!

DÍA DO MEDIOAMBIENTE

MIRADE COMO O CELEBRARON EN INFANTIL!

VISITADE O BLOG DE MERO!

VIAXANDO POR ESPAÑA

Os nenos e nenas de 4ºC estiveron a investigar sobre as Comunidades Autónomas para preparar unhas vacacións por España. Imos con eles de viaxe?

PREMEDE NA IMAXE!

EDUCACIÓN VIARIA

A rapazada de 2º, 4º e 6º de Primaria asistiu a varias xornadas de Educación Viaria. As sesións foron impartidas pola Policía Local de Betanzos. As primeiras xornadas consistiron en clases "teóricas" e as segundas sesións foron prácticas, onde as nenas e os nenos demostraron todo o que aprenderan. Botádelle unha ollada ao vídeo!

Distribuir contido