PREMIO NACIONAL DE EDUCACIÓN!

Estamos de noraboa!!

O noso centro é gañador do Premio Nacional de Educación 2014 polo proxecto " Atención a la diversidad a través de la Sensibilización y la Formación Permanente. ¿Seguimos o plantamos?".

 Pinchade na imaxe para ver o proxecto presentado

 

 

Desde o curso 2011-2012 o noso centro leva a cabo un proxecto de sensibilización e formación sobre a atención á diversidade para toda a comunidade educativa e  así, poder construir unha escola pensada en e para TODOS, partiendo do concepto de diferencia como un valor e un reto en sí mesmo. Un proxecto que vai crecendo e ao que cada ano súmase máis xente.

“¿Seguimos ou plantamos?” é o  comenzo das xornadas de formación do pasado curso académico 2013-2014: toda a comunidade educativa seguimos, un ano máis, a formarnos para mellorar a educación do nosos alumnos/as e fillos/as. Pero tamén plantamos: plantamos na nosa comunidade os principios que nos leven a acadar unha escola de calidade, que de resposta á diversidade personal, cultural, social…que a caracteriza e a enriquece, sabendo que a forma de acadalo é a través do traballo en equipo, coa participación activa de todos os axentes educativos.

Desde o Departamento de Orientación queremos dar as gracias as todos os que fixéchedes posible este premio: compañeiros e compañeiras que colaborades en todo, que tedes interés pola formación que mellore a vosa práctica docente en xeral e a atención á diversidade en particular, aos diferentes equipos docentes que dinamizades o proxecto (Biblioteca, TICs, Actividades Complementarias e Extraescolares...),  ao Equipo Directivo por crer nunha educación de calidade para o alumnado con nee e loitar pola verdadeira escola inclusiva, ao ANPA sempre dispostos a colaborar e propoñer iniciativas en prol da calidade educativa, partindo dunha crítica constructiva, ao Concello por crer no noso proxecto e poñer todos os recursos necesarios á nosa disposición, ao CFR, familias... A TODA A COMUNIDADE EDUCATIVA.

Para acceder ás actividades, imaxes, recursos.. podedes pinchar aquí.

Para ler noticias de prensa acceder aos enlaces:

http://www.lavozdegalicia.es/noticia/coruna/2014/11/22/ministerio-educacion-premia-vales-villamarin/0003_201411H22C10995.htm

http://www.laopinioncoruna.es/gran-coruna/2014/11/22/vales-valemos/901711.html