Radio Vales

O noso centro, baixo a coordinación  do EDNL,  volve retomar Radio Vales, esta vez cun novo programa "Construíndo Soños" realizado polo alumnado de 6º EP. Este primeiro programa está relacionado coa sensibilización e formación sobre a discapacidade sensorial. 

Podedes escoitalo a través do blog "Non te cortes coa lingua" ou  no seguinte enlace.

Parabéns a todos os protagonistas e colaboradores deste primeiro programa e...SEGUIDE A CONSTRUÍR SOÑOS!!!