Actividades

Actividades en xeral do centro: excursións, celebracións, festas, saídas...

A FESTA DAS CASTAÑAS EN PRIMARIA

Outro ano máis, coa chegada do Outono, festexamos o Magosto. Os nenos e nenas gozaron de xogos e degustación de castañas, grazas ás familias colaboradoras.

 

GALICREQUES

Alumnado de Infantil e de 2º e 3º de Primaria asistiu ao Festival de Galicreques, organizado polo Concello de Betanzos.

APRENDEMOS A FACER UNHA CURTA

Os nenos e nenas de 6º de Primaria están a facer unha curta relacionada coa igualdade de xénero. Hai uns días Dani López, antigo alumno do Vales, visitou ao alumnado para ensinarlle os entresixos da grabación de vídeos.

Mirade todo o que aprenderon!!! Clica na imaxe para ver o vídeo.

 

MOITAS GRAZAS, DANI!!!

A VENDIMA

Xa inmersos no outono, o alumando de Infantil e de Primaria festexaron a "festa das uvas". Os pequenos de infantil colleron follas de vide da parra do cole e os de 1º e 3º de primaria fixeron mosto ao xeito tradicional. Mirade o ben que o pasaron!

 A VENDIMA on PhotoPeach

BIBLIOTECA DE INFANTIL

 

EXCURSIÓN FIN DE CURSO 1º PRIMARIA

Os nenos e as nenas de 1º de Educación Primaria, xunto co seu profesorado, foron de excursión á Casa dos Peixes en Coruña para festexar o fin de curso.

Aquí vos deixamos unha mostra do ben que o pasaron!!

EXCURSIÓN 1º PRIMARIA on PhotoPeach

VISITA Á RESIDENCIA GARCÍA IRMÁNS

INTERCAMBIO COA RESIDENCIA DE ANCIÁNS on PhotoPeach

VIDEO ACTUACIÓN NA RESIDENCIA DE ANCIÁNS

VIDEO DA VISITA A INFANTIL

CAMPIONATOS FINAL DE CURSO

Despois de todo o curso e dunha dura competición en brilé, baloncesto e fútbol, o mércores tivo lugar a final das ligas destes tres deportes.

Parabéns a todos e todas as participantes, animádevos para o próximo curso!!!

XOGOS NAS PISTAS

O alumnado de 1º e 2º de Primaria participou estes días dunhas xornadas de xogos nas pistas cubertas do concello, da man dos profes de EF: David, Jose e Suso.

Pasámolo xenial!!

 

XOGOS NAS PISTAS on PhotoPeach

Distribuir contido