Actividades

Actividades en xeral do centro: excursións, celebracións, festas, saídas...

8 DE MARZO, DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

DESFILE ENTROIDO

Despois de estar preparando o Entroido durante toda a semana cos mandados do Meco, tivemos un bo remate co desfile. Este ano a temática da festa foi a través do conto do Principiño: ovelliñas, baobabs, volcáns, rosas, estrelas, principiños, astronautas, aviadores e aviadoras, raposas e raposos, marcianos e marcianas, mulleres científicas e a guerra das galaxias tiveron cabida no Pasatempo ao son da charanga NBA. Aquí vos deixamos unha mostra...

 

 CLICA AQUÍ PARA VER AS ACTIVIDADES DE INFANTIL

 

AXENTES FORESTAIS

Nenos e nenas de 5º e 6º de Infantil e de 2º, 4º, 5º e 6º de Primaria asistiron a unhas charlas sobre os Servizos Forestais. Algúns dos profesionais viñeron ao noso cole a falarnos do seu traballo e da importancia de coidar o medio natural, tanto para nós coma para os animais e as plantas. Algúns grupos tiveron a sorte de visitar as súas instalacións e disfrutar no camión moto-bomba e coa mangueira.

 

CHARLAS MEDIOAMBIENTE on PhotoPeach

EDUCACIÓN MEDIOAMBIENTAL

 

A CONSELLEIRA DE EDUCACIÓN VISITA O VALES

A Conselleira de Educación, Universidade e Formación Profesional, Carmen Pomar, visitou as instalacións do centro. Acompañada pola dirección do centro e representantes do Concello fixo un percorrido polas instalacións dos edificios do colexio, Infantil e Primaria, onde tamén visitou algunha das aulas.

 http://www.edu.xunta.gal/portal/node/26990

DÍA DA PAZ EN PRIMARIA

DÍA DA PAZ EN PRIMARIA on PhotoPeach

OS DE 6º VISITAN SOTAVENTO

Os nenos e nenas de 6º de E. Primaria visitaron o parque eólico de Sotavento. Alí fixeron un percorrido polas instalacións do parque, onde lles explicaron o funcionamento dos muíños de vento, a importancia do aforro enerxético e das enerxías renovables. Tamén visitaron unha casa eficiente e ecolóxica.

Distribuir contido