Emisión nº38

Aquí deixámosvos esta nova emisión da nosa televisión escolar que creamos, partindo dos nosos intereses, en grupos de traballo, de maneira cooperativa, con roles definidos, investigando, fomentando o pensamento, buscando información, seleccionándoa e tendo claro que é o que queriamos facer, para logo comunicalo a todos vós.

Cambio paradas Ruta 4

Os usuarios de transporte da ruta 4 que sufriron cambios nas paradas por mor das obras, finalmente van ter a posibilidade das 2  seguintes  paradas: 

- Parada Fresa Silvestre 

- Parada Perillo Taxis ( Hábitat)

O luns 8 de abril o autobús xa realizará as paradas antes mencionadas.

AVALIACIÓN DE DIAGNÓSTICO 23-24

Cambio paradas Rutas 2 e 4

Debido aos traballos de acondicionamento na calzada a partires do xoves 4 de abril incluído, haberá os seguintes cambios nas seguintes paradas: 

Ruta 2: A parada da Rúa Darwin cambiarase pola parada  Forno de Bea ( Av Che Guevara)

Ruta 4: A parada de Santa Cristina- praia (Gadis) cambiarase pola parada Perillo taxis ( Hábitat)

Emisión nº37

Benvidas e benvidos unha vez máis ao noso telexornal escolar da TV-Inclán, onde vos manteremos ao tanto das noticias máis relevantes dentro e fóra da nosa comunidade educativa. 

Hoxe temos preparado un programa cheo de información interesante e emocionante, así que non vos despeguedes das pantallas! 

Emisión nº36

Benvidos e benvidas a unha nova emisión do noso Telexornal Escolar!

Queres estar ao día das últimas noticias do colexio?

TV-Inclán é a túa fonte de información para estar ao día de todo o que pasa no noso centro educativo. Entrevistas, eventos, actividades, deportes... Non te perdas nada!

Neste espazo atoparás:

  • Reportaxes informativas: Traémosche as novas máis relevantes do colexio.
  • Entrevistas: Falamos con alumnos, profesores e persoal do centro para coñecer as súas opinións.
  • Reportaxes especiais: Profundamos en temas de interese para a comunidade escolar.

Hoxe entrevistamos á nosa campioa Sofía

Non te perdas nin unha soa emisión!

Emisión nº35 Especial día da Muller

Comprácenos compartir con todos vós unha nova emisión do noso telexornal escolar! Nesta entrega, o noso alumnado traballou arduamente para traervos as últimas noticias e eventos destacados desde a perspectiva única da nosa comunidade educativa. 

Convidámosvos a mergullarvos no mundo informativo creado polos nosos e nosas grandes xornalistas. 

Non o podedes perder!

Emisión nº34

Deixámosvos unha nova edición do noso telexornal, cheo de novas. Traemos noticias frescas sobre o noso cole e o noso concello. Non podedes perdervos a gran entrevista que os nosos reporteiros realizaron a un pai dun alumno da clase amarela.

Acompáñanos nestes emocionantes eventos da nosa comunidade educativa! 

Desfruta desta nova edición.

Distribuir contido

Back to top