A nosa Biblioteca

A piques de pechar as portas da nosa biblio, Charlie a nosa mascota, quere presentarvos as actividades que se fixeron ao longo deste curso. Tamén quere aproveitar para  deixarvos a seguinte mensaxe:

“ Onde vaias este verán
leva  un libro na túa man”

BOAS VACACIÓNS A TODAS E TODOS!

Fin da primeira tempada TV-Inclán

Todo chega ao seu fin, e con moito pesar, tamén remata a primeira tempada de TV Inclán. Para facelo ao grande, os nosos reporteiros e reporteiras danse a coñecer de xeito natural nunha entrevista e con aqueles momentos que se quedaron entre banbalinas.

E ademais unhas tomas falsas!

Desexámoslles todo o mellor para esta nova etapa no instituto, e con gañas de velos nun futuro.

Reunión informativa para as familias que comezarán 4º EI o vindeiro curso 23/24

O vindeiro mércores 28 de xuño, ás 17:00h, haberá no colexio unha reunión informativa para as familias do alumnado que comezará 4º de Educación Infantil o vindeiro curso 23/24.

A reunión celebrarase no espazo de usos múltiples situado no corredor de EI.

Pregamos que na medida do posible asistades sen nenos/as.

Documentación a achegar co impreso de matrícula

  • Documento de formalización de matrícula.
  • Dúas  Fotografías tamaño carné.
  • Fotocopia da tarxeta sanitaria.
  • Certificado médico ou fotocopia da cartilla de vacinas.
  • Cuestionario sobre a lingua materna (só para alumnado de 4º de Educación Infantil).
  • Solicitude e autorizacións para o transporte escolar.
  • Outra documentación: informe médico no caso de ter algunha alerxia ou intolerancia.

  Impreso matrícula EI

  Impreso matrícula EP

            Cuestionario EI

Premio José Luís Bugallal Marchesi

A alumna de 4º curso de primaria do noso Centro, Leonor Lerma Rodríguez, acaba de gañar o primeiro Premio José Luís Bugallal Marchesi dentro do VIII Concurso de Debuxo Pablo Picasso, convocado pola Asoción da Prensa de A Coruña e patrocinado pola Dirección Xeral de Políticas Culturais da Consellería de Cultura e Turismo.

Os traballos están expostos na Biblioteca Miguel González Garcés de A Coruña. 

PARABÉNS LEONOR!

           

Libros de texto 23-24

Nova de última hora!

Nova de última hora!! Os reporteiros/as da TV-Inclán, deixan de dar as novas para facer as primeiras incursións no mundo do 7° Arte. 

Non o perdades!!

Parabéns Ainhoa!

Ainhoa Isabel Peche Pedroza, alumna de 4º de EP do noso colexio é a finalista galega, entre máis de 6000 participantes, da V Edición do concurso  “ ahora vamos andando al cole”, promovido por STOP ACCIDENTES e Fundación Mapfre, co que se pretende concienciar aos mais pequenos sobre a importancia de adoptar comportamentos saudables de camiño ao colexio.

Ahinoha recibiu como premio unha bicicleta,  un casco e ademais a súa clase opta ao premio nacional.

Distribuir contido

Back to top