Emisión nº24

As portas de rematar esta primeira tempada de telexornais, mostramos unha nova edición. 

Esperamos que queden ben informados.

Solicitude de libros e material escolar vindeiro curso 23-24

ORDE do 10 de maio de 2023 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2023/24.

EXTRACTO da Orde do 10 de maio de 2023 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2023/24.

O prazo de presentación de solicitudes vai desde o 20 de maio ata o 21 de xuño incluído.

O alumnado de 6º de Educación Primaria que pasa a 1º da ESO deberá presentar a solicitude no IES onde estea admitido para o vindeiro curso 2023-2024. Se aínda non sabedes o Centro de destino tedes que presentalo aquí no CEIP Ramón Mª del Valle Inclán.

Poderá presentarse na secretaría do centro en horario de 9:15 a 13:30h, así como os luns en horario de 16:00 a 18:00h. A documentación a presentar é a seguinte:

  • Unha única solicitude por familia (ANEXO I e II) incluíndo todos os fillos e fillas matriculados no Centro.

Documentación necesaria para xustificar o alegado na solicitude (orixinal e fotocopia): Libro de familia ou documento equivalente. En caso de separación ou divorcio, sentencia xudicial ou convenio regulador.

DATAS IMPORTANTES:

  • Publicación listaxes provisionais: 12 de xullo de 2023.
  • Reclamación ás listaxes provisionais : 2 días hábiles seguintes á publicación da listaxe provisional.
  • Publicación listaxes definitivas:26 xullo.

Enlace para acceder a aplicación    

 

Emisión nº23

Ás portas do día das Letras Galegas e coa longa ponte por diante, dende a TV-inclán, seleccionamos as mellores novas para que as saboreedes ao longo destes días. Desfrutadeas!

INSTRUCIÓN 2/2023 DA DIRECCIÓN XERAL DE ORDENACIÓN E INNOVACIÓN EDUCATIVA

Esta instrución precisa aspectos da Orde do 2 de marzo de 2021 pola que se regula o dereito do alumnado á obxectividade na avaliación e se establece o procedemento de reclamación das cualificacións obtidas para o curso 22-23.

Tedes toda a información dispoñible e completa no seguinte enlace:

AXUDAS DO MINISTERIO PARA O ALUMNADO NEAE



Xa está publicada a convocatoria para o curso 2023/2024 das axudas do Ministerio de Educación e Formación Profesional  para o alumnado con necesidades específicas de apoio educativo. 

O prazo de presentación remata o 20 de setembro de 2023.

Tedes toda a información na páxina web do Ministerio:
https://www.becaseducacion.gob.es/becas-y-ayudas/ayudas-apoyo-educativo/tipos-de-becas.html

 e no BOE:
https://boe.es/buscar/doc.php?id=BOE-B-2023-12318

Emisión nº22

Queridos televidentes, na edición de hoxe, previa ao día da Nai; ademáis das novas avituais dos nosos xornalistas, non perdades a entrevista que fixemos a Artai, gañador do concurso: !Debuxa unha xoia para a túa Nai!.

Desfrutádeo!

Programa ESPAZO EDUCA_Creando Pontes

O CFR de A Coruña organiza dentro do programa ESPAZO EDUCA_Creando Pontes unha charla informativa para as familias sobre un tema moi solicitado e que preocupa sen dúbida ás comunidades educativas: Os riscos da pornografía nas redes.

Trátase dunha charla en formato virtual, que terá lugar o mércores, 10 de maio de 2023 ás 18.00 horas.

Non fai falta inscribirse. Podedes acceder a ela dende esta ligazón:

https://eduxunta.webex.com/meet/cfrcoruna

Emisión nº21

Deixámosvos unha nova edición do noso telexornal, chea de novas.

Nesta ocasión temos o enorme pracer de felicitar a unha das nosas reporteiras, pois está a celebrar o seu aniversario.

Queremos desexarlle un día cheo de alegría, diversión e moitos agasallos.

Parabéns de parte de todo o equipo de TV-Inclán. Que teñas un gran día cheo de felicidade e momentos inesquecibles!

Distribuir contido

Back to top