Emisión nº13

Deixámosvos unha nova edición do noso telexornal, chea de novas.

Nesta ocasión retomamos de novo a sección "Xoga connosco"!!!!! 

Trátase dun pequeno xogo que debedes resolver. Cal será o sitio misterioso que nos ensinarán as nosas intrépidas reporteiras? Primeiro mira o vídeo e se descobres o sitio misterioso, fai clic en "Participa no xogo de hoxe"

Non o podes perder!!! 

Noraboa ao alumnado e ás familias

A campaña de recollidade alimentos polo Día da Paz foi un éxito.

Grazas a todas e todos polas vosas colaboracións e aportacións coas que conseguimos reunir 320 quilos de alimentos.

Felicitar ao noso alumnado pola súa participación na carreira solidaria que se levou a cabo para conmemorar o Dia de Paz.

A comunidade educativa do CEIP Ramón Mª del Valle Inclán e o Banco de Alimentos Rías Altas queremos agradecervos a vosa participación e colaboración durante este acto.

"Música "El Himno a los niños" de Alejandro C.Aguirre. Licenciado baixo Creative Commons BY-SA-NC. Para ver unha copia desta licenza, visite https://creativecommons.org/licenses/by-sa-nc/4.0/

Reserva de praza I.E.S. Neira Vilas

Xornada de portas abertas

A comunidade educativa do C.E.I.P. Ramón Mª del Valle Inclán quere invitar a todas as familias que o desexen á xornada de portas abertas que se celebrará no noso centro o vindeiro...

VENRES 3 DE MARZO DE 2023 ÁS 18:15H.

Almorzos con froita no Valle

Hoxe comezamos o 1º período de reparto de froita que abranguerá ata o venres 10 de febreiro.

As froitas que imos a tomar son: mazá, pera, mandarina, plátano e amorodos.

Horto escolar

Hoxe a choiva non nos permitiu ir traballar ao noso horto, pero non vos pensedes que estivemos sentados de brazos cruzados.

Descubrimos hai uns días que os paxaros comían as nosas plantas porque no inverno non teñen moito que comer, polo que pensamos en facerlles uns comedeiros. Para facelos necesitamos tona de mandarina, améndoas esmigalladas, uvas pasas e manteiga.

Xuntamos todos os ingredientes formando unha bola que colocamos na tona da mandarina. Atámoslle un cordel e colgámolo dun arbol.

E xa temos o noso comedeiro para paxaros.

Emisión nº12

Deixámosvos unha nova edición do noso telexornal. Nesta ocasión damos as grazas a escola de Danza de Oleiros por participar na actividade Agora Danza.

Carreira pola paz

O luns 30 de xaneiro, co motivo do Día da Paz, faremos unha carreira solidaria para recoller alimentos a favor do Banco de Alimentos Rías Altas.

Precisamos da vosa colaboración e voluntariedade e que aportedes un bote/paquete dun alimento non perecedero ( legumes, arroz, pastas, conservas...) que poderán traer os nenos e nenas dende este mércores 25 ata o propio luns 30, día en que faremos a donación.

Distribuir contido

Back to top