Skip to Content

Benvida

Benvidos a paxina web do CEIP O Vicedo, nela veredes reflexada a actividade da nosa comunidade educativa. O noso é un colexio público cunhas instalacións amplas e de calidade, un persoal cualificado e implicado, nun entorno integrador que permite o total desenrolo das capacidades dos nosos alumnos sen discriminación e fomentando o respeto á nosa cultura e ao noso medio ambiente.

TABOLEIRO DE NOVAS

Festival fin de curso 22-23

Queremos compartir con vós a emocionante experiencia do noso festival de fin de curso. O escenario encheuse de talento, risas e aplausos mentres o noso alumnado amosaba as súas habilidades artísticas. Foi unha celebración inesquecible. Agradecemos a todos os participantes e espectadores pola súa entrega e apoio.

Fai clic na imaxe para ver o vídeo.

           

O ESTROBO 2023

Compartimos con vós o novo número da nosa revista educativa "O ESTROBO 2023". Este curso apostamos polo formato dixital, dando a posibilidade de descarga e visualización en vista libro.

Clicade na imaxe para acceder ao formato pdf.

Agardamos que vos guste!

AXUDAS PARA ADQUIRIR LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR

Fai CLIC na imaxe para acceder ao documento coa información.

O ESTROBO 2023

DÍA DAS LETRAS GALEGAS

DÍA DAS LETRAS GALEGAS

Para conmemorar o día das nosas letras, aventurámonos a deseñar un PODCAST no que compartir o orgullo e a paixón pola nosa cultura.

Neste audio poderedes coñecer a historia desta celebración, así como a vida do autor conmemorado: Francisco Fernández del Riego. Precisamente, inspirámonos nas súas obras para enfocar este traballo. Entre os seus versos, afloraba o amor pola súa terra... e da mesma maneira o facemos nós.

FAI CLIC NA IMAXE PARA ACCEDER AO AUDIO:

SEMANA DA PRENSA

Compartimos con todos vós a actividade que realizamos no cole para connmemorar a Semana da Prensa e o Día da Muller.

Os nosos nenos e nenas convertéronse en periodistas e reporteiros para dedicar unha noticia ás mulleres do noso entorno.

Podedes ver o telexornal clicando na seguinte imaxe.

Admisión alumnado 2023-2024

Hoxe comeza o prazo de admisión de alumnado para o curso 2023-2024.

Podedes acceder a toda a información pinchando na imaxe.

CALENDARIO DE APLICACIÓN:

- Prazo de presentación da solicitude: do 1 de marzo ao 20 de marzo.

- Prazo de presentación da documentación acreditativa dos criterios de baremo: 10 días hábiles, contados a partir do día seguinte ao remate do prazo para presentar as solicitudes de admisión.

- Publicación das listaxes provisionais: o 25 de abril.

- Prazo de reclamación: 5 días hábiles, a partir do día seguinte da publicación das listaxes provisonais.

 - Publicación das listaxes definitivas: o 15 de maio.

- Prazo para formalizar a matrícula: do 20 ao 30 de xuño.

 

Calendario escolar 2022-2023

Curso 2022-2023

Distribuir contido


by Dr. Radut