Enderezo postal:
CEIP O Vicedo
R/Maxisterio, 12
27860 O Vicedo (Lugo)
Correo electrónico:
ceip.vicedo@edu.xunta.es
Teléfonos:
982 870610 / 982 870611
Horario:
Xornada Única > 10:00h - 15:00h
O noso centro parte, orixinalmente, dun edificio construído no ano 1927 e financiado por xente de O Vicedo que estaba na emigración; de aí que aínda se pode ler na fachada "HIJOS DEL VICEDO". Nel había unha clase para nenos e outra para nenas. No primeiro piso estaban as vivendas dos mestres.
Posteriormente foron construíndose novas instalacións. Na actualidade o colexio conta con 3 edificios para aulas, outro para comedor, cociña e almacén e un pavillón.
Se queres botar unha ollada ao colexio achégate a coñecernos.
Entra e síntete como na túa casa!
Se desexas visitarnos, estamos no concello de O Vicedo (Lugo), asomados ao Cantábrico e separados da provincia de A Coruña polo río Sor, que desemboca na fermosa ría de O Barqueiro.
Se queres saber máis sobre o noso concello preme aquí