Skip to Content

FESTIVAL LETRAS GALEGAS

 

O vindeiro mércores, 15 de maio, ás 12:00 h, celebraremos no cole o festival das Letras Galegas, ao que quedades convidadas todas as familias.

Deixámosvos o tríptico coas actuacións e datos sobre a autora homenaxeada, Luísa Villalta.

Para ver mellor o tríptico, premede nas imaxes.

16 DE MAIO: DÍA NON LECTIVO

Perseo resbalón maratón calendario gif Parásito Plantación Asesor

Segundo o establecido no artigo 7º da ORDE do 3 de maio de 2023 pola que se aproba o calendario escolar para o curso 2023/24 nos centros docentes sostidos con fondos públicos na Comunidade Autónoma de Galicia, o día 16 de maio foi declarado non lectivo pola Xefatura Territorial.

Así pois, o xoves 16 de maio non haberá clases.

Lembramos que tedes os eventos destacados do curso no calendario Eventos, arriba á dereita. Recomendámosvos consultalo de cando en vez, para non perder as datas máis importantes.

PLAN DIRECTOR

Hoxe, o alumnado de 5º e 6º de primaria participará nunha nova charla, que se impartirá dentro do Plan Director para a convivencia e a mellora da seguridade nos centros educativos e na súa contorna desenvolvido pola Secretaría de Estado de Seguridade.

 
Neste novo curso, o Plan Director, impulsado desde a Delegación do Goberno en Galicia e a Alta Inspección de Educación, amplía a súa oferta de charlas informativas/formativas, destinadas tanto ao alumnado coma ao profesorado e ás familias, sobre temáticas relacionadas coa protección de menores e adolescentes e o seu dereito á seguridade persoal, tratando problemáticas como a ciberseguridade, o acoso escolar, a violencia sobre a muller, as drogas e o alcol, as novas adiccións, os delitos de odio e discriminación, a prevención dos delitos sexuais..., charlas que son impartidas por axentes e expertos das Forzas e Corpos de Seguridade do Estado.

OS MAIOS, NA "VOZ" E NO "FARO"

Na prensa de hoxe atopamos a celebración dos Maios no noso centro.

Premede enriba das imaxes para ler as noticias.

E, se queredes ver as fotos dese día, ide a Galerías.

HOXE, NO "FARO DE VIGO"

No Faro de Vigo de hoxe recollen a noticia da gravación no noso centro do noticiario Dinamiza TV.

Para ver as fotos desta actividade, ide a Galerías.

OS MAIOS

Hoxe tivemos no colexio a celebración dos Maios!

Fomos ao campo a recoller pampullos e outras flores, e logo, no patio do colexio, decoramos O MAIO, con cadenetas de pampullos e follas verdes.

É un orgullo desde o colexio dar a coñecer e manter esta tradición! Os rapaces e rapazas estiveron encantados!

 

DINAMIZA TV

Esta semana tivo lugar a gravación do noticieiro Dinamiza TV, para iso acudiron ao centro Lucas Terceiro de Paula Cereixo, que ademais de gravar, ensináronnos o que hai detrás da set de rodaxe. Aquí tivéronse que por en marcha os equipos de son, imaxe e iluminación. Foi un pracer contar no centro con esta actividade.

 

Tamén contamos coa presenza de Desiré Pillado actriz de dobraxe e teatro e coñecida polas series de A Estiva e O sabor das margaridas.

 

ATLETISMO EN PISTA EN CUNTIS

IMG-20240509-WA0023.jpg

Hoxe, 9 de maio, o alumnado de 5º de primaria desprazouse ata Cuntis para participar nunha xornada de atletismo en pista enmarcada no programa Xogade da Xunta de Galicia.

Mirade as fotos nas Galerías.

CHARLAS FAMILIAS

 

O Centro de Formación e Recursos de Pontevedra infórmanos das seguintes actividades destinadas ás familias que se celebrarán no salón de actos da Biblioteca Municipal de Lalín: 

  • Venres 10 de maio ás 20:00 h: actividade formativa a cargo da prestixiosa divulgadora Eva Millet.
  • Luns 13 de maio ás 20:00 h: José Luís Abajo (Pirri), medallista olímpico de esgrima, falará sobre o método para conseguir os teus obxectivos.

Adxuntamos cartel dos eventos, que son totalmente gratuítos.

CORRELINGUA

O vindeiro 21 de maio, todo o alumnado do centro (agás o de 4º de infantil e o de 6º de primaria) participará no Correlingua da Estrada, con saída na praza da Feira.

Contaremos coa actriz Isabel Risco como presentadora do acto, coa actuación de Gramola Gominola e cunha gran festa final.

Distribuir contido


by Dr. Radut