Skip to Content

PELO A cebra Camila

Ola ,Bo día familias!

Espero que esteades todos ben, ou o mellor posible, dentro destas circunstancias tan extrañas.

Antes de que confinaran á clase estabamos traballando co conto da cebra Camila, a continuación deixovos o conto para que o vexan e unhas actividades interactivas do mesmo.

Co Programa de Estimulación da Linguaxe Oral(PELO) o que pretendemos e mellorar a pronuncia e o vocabulario dos peques. Así que, unha vez visto o conto, preguntádelle cousiñas como:

Que animais saen no conto?

Que cousas lle dan a Camila?

....o que se vos ocurra para que eles falen, seguramente, non pronuncien todo ben, nese caso, repetídello vós correctamente , e que eles intenten facelo ben, non pasa nada se non lles sae, tende en conta que teñen 3 anos, o importante e que oian a pronuncia correcta e intenten facela.

As fichas son interactivas polo que non tedes que imprimilas. hai unha na que aparecen os nomes das personaxes, tendes que lerllos vós e que eles repitan o nome.ao final da ficha aparace un  "TERMINADO" se lle dades ahí davos a opción de autocorrección. 

Espero vervos pronto !!!

 

 

Fichas

A CEBRA CAMILA 1

A CEBRA CAMILA 2

 

 



page | by Dr. Radut