Seguindo o establecido na actual lei educativa estatal, as avaliacións aplicaranse en todos os centros educativos onde se impartan as ensinanzas de primaria (4º curso EP) e/ou secundaria (2º curso ESO).
Avaliaranse as competencias matemática e lingüística en lingua e literatura galega, e castelá e en lingua estranxeira (inglés).
As probas terán carácter informativo, formativo e orientador para o centro, que recibirá información sobre os resultados acadados polo conxunto do seu alumnado por etapa e competencia avaliada.
Estimada comunidade educativa, o centro permanecerá pechado desde o luns 25 de marzo ata o luns 1 de abril de 2024, ambos inclusive, por vacacións de Semana Santa.