Skip to Content

AVISO COMEDOR ESCOLAR

     O pasado 15 do mes en curso o Consello da Xunta autorizou, de xeito excepcional, que no caso de non contar no comedor escolar co número necesario de colaboradores que sexan persoal funcionario e laboral destinado no colexio ou pais e nais, titores legais e acolledores familiares dos alumnos escolarizados nel, a estender aos familiares convivintes, que residan no mesmo domicilio dos menores comensais, a posibilidade de colaborar voluntariamente, nos mesmos termos previstos na lexislación sectorial de aplicación para os restantescolaboradores.

     A excepcionalidade desta medida condiciona a súa vixencia, que rematará no momento no que deixen de aplicarse as medidas educativas e sanitarias abordadas para paliar a pandemia do COVID-19.

     Polo exposto, a fin de coordinar e homoxeneizar en todos os centros de ensino público galegos afectados, a implementación das medidas sinaladas, establécense as seguintes instrucións explicativas ao respecto:

 

1.- Nos centros de ensino con comedores que teñan autorizados pola Secretaría Xeral Técnica da Consellería un número de colaboradores, que non poida cubrirse con persoal destinado no centro e cos pais, nais, titores legais e acolledores familiares dos escolares do mesmo, abrirase unha lista de inscrición de novos colaboradores voluntarios que reúnan a condición de seren familiares dos alumnos comensais que convivan no mesmo domicilio destes. Dita lista permanecerá aberta ao longo de todo o curso 2020-2021.

 2.- Os solicitantes para seren inscritos deberán aportar unha declaración xurada de que conviven no mesmo domicilio que algún dos menores comensais. Tamén terán que entregar un certificado negativo do Rexistro Central de Delincuentes Sexuais de non ter sido condenado por sentenza firme por delito algún contra a liberdade e indemnidade sexual. Por último, contarán coa autorización do pai, nai, titor legal ou acolledor familiar do alumno comensal co que convivan para colaborar no comedor escolar.

 3.- Os convivintes admitidos como colaboradores cesarán na súa actividade voluntaria no comedor escolar no caso de que no centro de ensino se reciba petición de colaborar proveniente de persoal funcionario e laboral destinado no colexio ou de pais, nais, titores legais e acolledores familiares do alumnado escolarizado no centro.



page | by Dr. Radut