Libros e material escolar

Listado de libros para o curso 2012-2013

Fondo solidario de libros de texto e axudas para libros de texto e material 2024/2025

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E AXUDAS PARA ADQUIRIR LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR PARA O CURSO 2024/2025

 

Orde do 7 de maio de 2024 pola que se regula a participación no fondo solidario de librso de texto e se convocan as axudas para adquiri libros de texto e material escolar para o curso 2024/2025.

Toda a información e acceso á aplicación informática está na web da Consellería: https://www.edu.xunta.gal/fondolibros

 

  • FONDO SOLIDARIO: Alumnado matriculado en 3º e 4º de educación primaria no curso 2024/2025. O alumnado matriculado en 5º e 6º de primaria no curso 2024/2025 incluídos no proxecto de educación dixital (E-DIXGAL) está excluído da participación no fondo solidario de libros de texto, non obstante terá dereito a solicitar a axuda para adquirir material escolar.

 

  • AXUDAS PARA LIBROS DE TEXTO: Alumnado matriculado en 1º e 2º de educación primaria no curso 2024/2025.

 

  • AXUDAS PARA MATERIAL ESCOLAR: Todo o alumnado matriculado en educación primaria e educación especial.

 

 *** O alumnado actualmente matriculado en 6º de primaria deberá presentar a solicitude de axuda no instituto no que realizase a reserva de praza para cursar 1º de ESO no vindeiro curso.

 Será obrigatorio para beneficiarse desta axudas devolver os libros de texto e o material reutilizable adquirido coas axudas para libros ou recibido do fondo no curso 2023/2024. Está excluído desta obriga o alumnado de 1º e 2º de primaria e o alumnado de necesidades educativas especiais. O prazo máximo para devolvelos será o 21 de xuño de 2024.

 

Teñen dereito á axuda as familias que teñan a seguinte renda per cápita (suma dos recadros 435+460 do IRPF do ano 2022 dividido entre o número de membros computables da unidade familiar a 31 de decembro de 2022):

 

  Igual ou inferior a 6000€  Superior a 6000€  ata 10000€ Igual ou inferior a 6000€ Superior a 6000€ ata 10000€
 CURSOS   LIBROS DE TEXTO
 MATERIAL
 1º e 2º de E.P.
 240€  160€  75€  60€
 3º e 4º de E.P.
Fondo: mínimo 6 libros
Fondo: mínimo 4 libros
 75€  60€
 5º e 6º de E.P.
EDIXGAL
EDIXGAL
 75€  60€

 

 PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES:

Aberto o prazo de 21 de maio ata o 21 de xuño de 2024 incluído.

A solicitude será única para todos os/as fillos/as que estean admitidos/as no noso centro docente para o curso 2024/2025 e será presentada polos pais/nais ou titores/as legais do alumnado. Poderá presentarse:

- Preferiblemente por vía electrónica (Procedemento ED330B) no formulario normalizado dispoñible na aplicación informática Fondolibros (https://www.edu.xunta.gal/fondolibros) e a través da sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal)

- Presencialmente no centro ou en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común. Poden cubrir a solicitude (anexo I) na aplicación FondoLibros, logo imprimila e presentala asinada no centro xunto co anexo II, tamén asinado, e coa documentación correspondente. Tamén poden recoller o formulario da solicitude na secretaría do colexio ou descargalo do arquivo que se xunta ao final deste documento.

 

DOCUMENTACIÓN QUE ACOMPAÑA A SOLICITUDE:

 A documentación complementaria necesaria é:

  • Copia do libro de familia onde figuren todos os membros computables. En caso de separación ou divorcio, achegarán a sentenza xudicial ou convenio regulador. Excepcionalmente poderán acreditar os membros computables cun certificado de convivencia ou informe dos servizos sociais do concello.

No caso en que lle sexan de aplicación algúnha das seguintes circunstancias:

  • Certificado acreditativo da discapacidade dalgún membro da unidade familiar non expedido pola Xunta
  • Documentación xustificativa da situación de violencia de xénero cando o agresor forme parte da unidade familiar
  • Resolución administrativa ou xudicial da situación de acollemento ou certificado do centro de menores, se é o caso
  • Certificado de convivencia no caso de que o pai ou a nai careza de DNI ou NIE

A listaxe provisional de admitidos publicaranse no taboleiro interior do centro o  de xullo e poderán reclamar nos 2 días seguintes á súa publicación.

A listaxe definitiva de admitidos cos libros asignados a cada alumno/a publicarase o  de xullo.

 

ENTREGA DOS VALES DE LIBROS E MATERIAL ÁS FAMILIAS (CURSO 2024-2025):

Os vales de libros (1º e 2º de primaria) e os vales de material (todo primaria) poderán recollerse na secretaría do centro en horario de 10:00 a 13:00 horas nas seguintes datas:

-   de xullo: entrega dos vales de libros e material de 1º de primaria (curso 2024-2025)

-   de xullo: entrega dos vales de libros e material de 2º de primaria

 

-   de xullo: entrega dos vales de material de 5º de primaria

-   de xullo: entrega dos vales de material de 6º de primaria

 

-  de xullo: entrega dos vales de material de 3º de primaria

- de xullo: entrega dos vales de material de 4º de primaria

 

Os vales que non se recollan no mes de xullo poderán recollerse a partir do 1 de setembro.

Os libros do fondo solidario serán entregados as familias do alumnado en setembro, unha vez comecen as clases.

 

 

Libros de texto para o curso 2023-2024

 

 

Material Escolar - Curso 2022-2023

Listado de material escolar para o curso 2022-23

PROPORCIONARASE ESTA LISTAXE UNHA VEZ COMEZADO O CURSO ESCOLAR:

  • MATERIAL 1º
  • MATERIAL 2º
  • MATERIAL 3º
  • MATERIAL 4º
  • MATERIAL 5º
  • MATERIAL 6º

Libros para o curso 2018/2019

Distribuir contido

Back to top