Skip to Content

blogue deTamara Suárez

O caderno do camiño

Charla sobre Sexualidade

O pasado mércores recibimos a visita da Asociación "Dale una vuelta" para falarnos de emocións, da importancia de identificalas en nós e nos demais, de saber xestionalas; dos cambios físicos que virán por diante e debemos coñecer e aceptra; do perigo de compartir a nosa intimidade nas redes; da necesidade de autocoidarnos... Grazas ao Concello por esta actividade!

Contacontos "El abrazo"

O alumnado de 6º preparou este sinxelo contacontos sobre o conto "El abrazo" no que unha tartaruga e un ourizo están un pouco tristes... porque precisan dunha aperta! Porque.... que ben sentan as apertas!

Estámoslle collendo o gusto a representar pequenos contacontos para o alumnado máis pequerrecho do noso colexio e tamén para o veciño da Escola infantil. Desfrutamos nós e desfrutan eles, animándoos así a perderse no marabilloso mundo dos contos!

ENTREVISTA a Carmela López

O alumnado de 6º visitou o Concello de Burela para entrevistar á Carmela López, a primeira muller que ocupa o posto de alcaldesa. Aquí podedes ver a entrevista completa, moi interesante!

Moitas grazas por contestar a todas as nosas preguntas! E grazas tamén a Mario Pillado, tenente de alcaldesa, que tamén nos acompañou.

Para o noticieiro do reino, que era o reto que nos encomendara Libruxa, tratamos de sintetizar un pouco as palabras de Carmela:

 

Distribuir contido


by Dr. Radut