Skip to Content

blogue deTamara Suárez

CONCURSO Letras Galegas 2023

A Biblioteca pública de Burela entregou os premios ao alumnado que participou no concurso de narración e debuxo organizado con motivo do Día das Letras Galegas 2023.

Nas narracións: Jimena, Jorge e Iria (5º EP)

Nos debuxos: Naia (5ºEI) e Jimena, Uxía e Carla (5ºEP).

Estes traballos galardoados na fase local pasaron á fase provincial, en Lugo. A Biblioteca de Lugo entregou os premios o pasado xoves 29 de xuño. Jorge, Iria e Jimena foron premiados polas súas narracións e Naia e Carla, polos seus debuxos.

1º premio Concurso Doazón

O alumnado de 5º participou no deseño de carteis sobre a doazón e os transplantes de órganos, realizando propostas moi interesantes. De todas elas, o cartel de Jimena co seu lema "Non importa o órgano, agora toca doar e salvar vidas" obtivo o primeiro premio. Parabéns!

VA Channel

O VA Channel é un canle que seguro entreterá a todos os públicos! O aluimnado de 5ºB traballou en equipo para discurrir e crear este contido, para enfrontarse a unha exposición oral, controlando nervios e vergoña... Hai erros, pero deles tamén se aprende!

Distribuir contido


by Dr. Radut