Skip to Content

Día da Muller

Esta pasada semana celebramos o Día Internacional da Muller, para reinvindicar a igualdade de dereitos e oportunidades. 

O primeiro que fixemos foi pensar na nosa muller favorita, aquela á que admiramos e queremos a partes iguais, e escribímoslle con moito cariño unha carta de agradecemento por estar presente na nosa vida. 

Elaboramos tamén un cartel con palabras relacionadas coa igualdade e con mulleres importantes na historia e na actualidade, polas súas loitas ou polos seus logros. E tamén incluímos esas mulleres que nos rodean e que dalgunha forma tamén son importantes para nós.

 

Ademais, aproveitando a visita de BATUKO TABANKA, investigamos sobre os seus comezos, as súas integrantes, o tipo de música e as súas cancións máis importantes. O grupo vén de recibir hai uns meses o premio MESTRAS DA MEMORIA concecido pola Asociación de Escritores/as en Lingua Galega. Contar coa súa presenza foi unha experiencia xenial, da que gozamos moito. Ademais, Antonina e as súas compañeiras lanzaron unha mensaxe de igualdade, de acabar coa violencia contra a muller e que tamén se reflicte nalgunhas das súas cancións. 



blog | by Dr. Radut