Skip to Content

PLAN DE DIRECTOR: PREVENCIÓN CONSUMO DE ALCOL E TABACO

O Garda Civil, Ramón Peña, visitounos para falarnos de ADICCIÓNS, desa necesidade de consumir certas substancias (alcol, tabaco...) ou produtos (videoxogos...) para provocar en nós un efecto determinado. Falounos do alcol, esa droga tan socialmente aceptada, pero á vez tan dañina para o noso corpo. Amosounos o presente que está na nosa vida desde que somos ben pequenos/as e como sen darnos conta o imos aceptando como normal.  Incluso chegando a facer caso de crenzas populares que aconsellaban que tomar alcol coas comidas era saúdable.

Explicounos o que é unha borrachera e o que ese mal funcionamento do cerebro provocaba no noso organismo: visión dobre, vómitos, somnolencia, caídas, depresión, alegría... E seguiu desmontando mitos como "eu aguanto moito", algo en realidade moi negativo porque indica que es cada vez máis tolerante ao alcol, polo que aumentas o consumo. Tamén desa frase "Eu só bebo as fins de semana" porén é algo moi perxudicial tamén porque en menos tempo, consumes moita cantidade. Explicounos o que era un coma etílico, algo así como un sistema de protección que o noso corpo utilizaba para dicirnos que a cantidade de alcol consumida é excesiva e pode ter consecuencias fatais. É importante colocar á persoa que o sofre en posición lateral de seguridade para evitar que se afogue en caso de vomitar.

Tamén nos falou doutras bebidas, que si sabemos que os/as adolescentes consumen e que tamén son realmente dañinas como o MONSTER ou o REDBULL, unha mestura de azucre e cafeína. Tamén nos explicou trucos que as marcas utilizaban nas competicións deportivas arredor destes produtos.

E xa por último, falounos do tabaco, dos seus ingredientes dañinos para o noso corpo. Que fumar mata a moita xente é unha realidade. Explicounos que vapear ou consumir cigarrillos electrónicos tamén era moi negativo. 

 



blog | by Dr. Radut