Skip to Content

Aprendemos sobre nutrición con Nutre Tu Plato!

A nutricionista, Saray Río, estivo con nós dúas veces durante este curso. Na primeira sesión, no primeiro trimestre, axudounos a coñecer mellor os alimentos e o que cada nutriente achega ao noso corpo, tamén nos explicou como combinar os alimentos para  obter un plato saudable e equilibrado.

Na segunda sesión desmontamos mitos como "o almorzo é a comida máis importante do día" ou reflexionamos sobre a importancia que ten a calidade dos alimentos que consumimos e que non é axeitado premiar nin castigar con comida, hai que irse olvidando de "unha por mamá, outra por papá...." ou "Se comes todo, douche un xeado", porque é moi importante conservar e controlar a sensación de fame e saciedade.

Ademais aprendimos a ler as etiquetas dos alimentos para non fiarnos das "portadas" dos produtos nin da publicidade. Comprometímonos a colaborar na lista da compra e na elección dos alimentos unha vez que imos á compra. Porque para medrar sans debemos coidar a nosa alimentación.

Moitas grazas Saray polo teu tempo e por todo o que aprendimos contigo sobre alimentación saudable.

 



blog | by Dr. Radut