Skip to Content

Bélxica Día 3: Vistas panorámicas e diversión na auga!

Ola a todos/as!

Hoxe despois do desayuno, collimos o autobús para ir a visitar unha torre panorámica na que había moi boas vistas: a unha fábrica de área branca (algo moi importante na zona), un porto deportivo, un cruce de canais e ao lonxe tamén Holanda. Para chegar ao alto da torre tivemos que subir moooooitas escaleiras e algúns tivemos algo de medo porque se movía.

Despois divertímonos baixando por un tobogán cuberto moi longo porque nesta zona hai parques moi divertidos.

Tras visitar a torre, fomos a un barco, o “pancake boat” onde comimos unha crepe ben grande rechea do que cada un quixemos. Estaban deliciosas!

E a continuación, montamos noutro barco, o “taxiboat” que nos levou ao outro lado do canal para poder ir camiñando ata o parque acuático “Sunparks” onde moitos nenos e moitas nenas do cole belga estaban esperando por nós para pasar unha tarde superdivertida. No parque acuático había piscinas de ondas, tobogáns cubertos e descubertos. 

Un dos tobogáns era moi ancho e tiña unha especie de remolino que ás veces nos facía chocar uns con outros.

Montamos mooooitas veces, acabamos moi enrugados! Duchámonos e ceamos nun buffet alí no propio parque. Volvimos ao albergue en bus e a durmir!

Unha aperta ben grande!

Ata mañá!

 

Juan, Ainara A e Dani R.

 

 

 



blog | by Dr. Radut