Skip to Content

Bélxica Día 4: Amberes

Ola a todos/as!

Hoxe o primeiro que fixemos foi desayunar e preparar o picnic porque iamos a pasar o día en Amberes.

As familias estaban aquí esperando por nós para levarnos ata a estación para coller o tren ata Amberes. Chegamos  á estación máis bonita de Bélxica. Demos un paseo pola cidade, pasando pola rúa principal, visitando un obradoiro de chocolate que ulía ben e tiña figuras feitas de chocolate, tamén vimos ao lonxe un Castelo, pasamos pola praza central e o porto. Nunha das prazas, onde estaba a escultura de Rubens, comimos o picnic e despois, algún que outro ata se moveu a ritmo de macarena.

Despos de comer, dirixímonos ao zoo, o máis antigo de Bélxica, alí por grupos visitamos monos, xirafas, leóns, okapis, elefantes, réptiles, rinocerontes, pingüins, peixes… Aínda que algunha que outra vez nos desorientamos, conseguimos chegar á hora fixada polos profes para irnos do parque.

Ceamos nun PizzaHut, un buffet de pizza. O camareiro era fillo dun español polo que falaba castelán á perfección. Estaba todo riquísimo!

 Volvimos ao albergue en tren, duchámonos e a durmir!

O mellor de todo foi que os compañeiros e as compañeiras belgas tamén nos acompañaron un día máis!

Aproveitamos para volver felicitar ás nosas nais por deixarnos vivir esta experiencia e por querernos e coidarnos tanto! Sodes as mellores!

 

Un besiño grande e ata mañá!

 

Camilo, Jimena, Mateo e David.

 

 



blog | by Dr. Radut