Skip to Content

Bélxica Día 5: Bobbejaanland

Ola a todos/as!

Hoxe levantámonos un pouquiño máis cedo e desayunamos, preparamos o picnic para coller o bus e ir ao parque de atraccións Bobbejaanland. Recollimos aos compañeiros e compañeiras do cole belga que tamén quixeron acompañarnos.

No parque fomos en grupos . Cada grupo ía ao seu aire, un pouco tendo en conta as súas preferencias. Nos grupos estabamos mesturados cos nosos/as amigos/as. 

As atraccións máis rápidas eran o FURI, o TYPHOON  e o REVOLUTION. Eran un pouco atrevidas, houbo quen montou moitas veces e houbo quen preferiu non motar ningunha vez porque mareaban só con miralas. Tamén nos gustou o NAGA BAY, que era outra montaña rusa.

Outras atraccións eran de auga como o BANANA BATTLE, o INDIANA, o RÍO... Algúns saímos empapados/as pero non pasaba nada porque foi un día moi soleado e caluroso. 

Despois collimos o bus, deixamos aos nenos e nenas belgas no seu colexio e nós viñemos ao albergue, onde estamos xogando e esperando para cear. 

Foi un día moi divertido!

Unha aperta, 

Amir, Ainara P e Claudia

 

 



blog | by Dr. Radut