Skip to Content

Bélxica Día 6: Cole e familias

Ola a todos/as!

Hoxe comezamos o día almorzando e realizando tarefas de limpeza do albergue (fregamos pratos, limpamos baños...). Despois completamos un ratiño o diario da viaxe, reflexionando un pouco sobre o que fixemos estes días e como nos sentimos.

Tras preparar o picnic, fomos ao parque Keiheuvel, ao que xa foramos un día. A 1 o bus veu recollernos para levarnos ao colexio, onde gozamos por equipos dunha "caza do tesouro" con probas e preguntas relacionadas co proxecto Friends for our planet!. A actividade realizámola polo monte que bordea o colexio. Tiñamos que seguir as frechas amarelas, escanear os códigos qr e realizar a proba ou respostar correctamente á pregunta agochada no código. Foi moi entretenido, aínda que algúns grupo tivo algún problema de orientación. O equipo gañador foi o equipo vermello.

Ao rematar a gymkhana, merendamos un pouco e preparámonos para ir pasar a tarde en familias.

Ao chegar, esta foi a nosa reflexión da experiencia en familia:

Vero: Eu fun coa familia de Stella. Ao chegar nos acomodamos e pintamos. Ela tiña preparada unha casa para facer e eu unhas bolboretas, porque a nai de Stella fai cousas con materiais naturais e reciclados. Despois amosáronme a casa e probamos unha froita que parecía un espárrago que era ácida e que comían con azucre moreno. Estaba moi rica! Tamén nos columpiamos fóra da casa e xogamos no seu trampolín e ao frisbee, e a máis cousas. Ceamos xuntos no xardín. Foi unha experiencia moooooooi boa!

Ainara A e Claudia: Fomos coa familia de Cayleigh e tamén nos acompañou Yinthe. O primeiro foi ir á bolera onde botamos dúas partidas, despois fomos a casa. Alí, xogamos cos seus cans e ceamos. Tamén paseamos aos tres cans.

 

Camilo: Eu fun coa familia de Sam, tamén veu Lowick. Primeiro demos un paseo en bici polo barrio, despois en casa xogamos ao fútbol, eu de porteiro. Tamén xogamos ao Fifa. Máis tarde ceamos patacas fritas, salchichas e pepinillos. Xogamos tamén aos dardos. Comimos golosinas. Antes de irnos, xogamos a o UNO. Gustoume moito estar con eles, foi moi divertido!

 

Mateo: Eu fun coa familia de Mathias. Primeiro, fomos en coche con súa nai mentres el ía en bici ata a súa casa. Estivemos no xardín dando uns pases, despois a nai sacounos unha foto e fomos a un campo de fútbol onde tiramos uns penalties  ata que foi hora de ir ao Minigolf, algo ao que nunca xogara, paseino ben. Despois bebimos unha coca cola e fomos ao parque e seguimos xogando ata ir a cear ao McDonalds nuggets de polo, Fanta e patacas fritas. Tamén xogamos ao fubtolín en un tobogán que había. Gustoume moito a experiencia!

 

Óscar e Noel: Nós fomos coa familia de Stan. Tamén estaba Tibe. Hoxe era o seu cumple. O primeiro que fixemos foi ir no barco a dar unha volta polos canais que xa foramos no taxiboat. Despois Stan quixo facer esquí acuático, nós non nos atrevimos. Pero si nos atrevimos a pilotar o barco! Fomos á súa casa e xogamos ao fútbol. Despois xogamos ao Fifa e ceamos hamburguesas con patacas. Xogamos outro ratiño máis ao fútbol e tamén vimos a súa habitación. Vimos moi contentos, gustounos moito a experiencia!

 

Juan e Dani: Nós estivemos na casa de Kobe, pero tamén estivo con nós Enno. Ao principio, amosáronnos os seus cabalos. Déronlles de comer, saltamos na cama elástica e xogamos ao fútbol. Tamén nos ensinou o seu quad e xogamos unha partida de dardos. Comimos. Xogamos ao brilé. Despois fomos escalar con outros nenos belgas e españois. Visitamos tamén unha montaña onde había un tobogán, cordas de escalada e moi boas vistas. Tomamos algo de beber e intercambiamos os regaliños. Foi unha tarde moi divertida! Pasámolo moi ben!

 

Erika e Alexandra: A nosa foi a familia de Liene, pero tamén estivo con nós Lore. Fíxonos un tour pola súa casa e despois fomos comer xeado. Xogamos nunha cama elástica. Despois, fomos a un parque que estaba ao lado da súa casa e preparamos uns “donuts” decorámolos e comímolos. Despois xogamos unha partida ao Roblox. Foi unha boa tarde!

Dani Da Moura e Amir: A nosa familia foi a de Rune, aínda que tamén nos acompañou Kaylen. Fomos á súa casa e xogamos ao fútbol e baloncesto. Despois comimos pancakes e pizzas. Tamén veu un chico e trouxo uns panais de abellas para ensinárnolos. Despois veu un camión de xeados e comimos un de vainilla. Tamén vimos a tele e xogamos a xogos de baloncesto. Pasámolo moi ben e gustounos moito a experiencia. Algunha vez utilizamos o tradutor para entendernos mellor!

 

Cintya e Jimena: A nós tocounos pasar a tarde con Emma e a súa familia. Cando chegamos Emma ensinounos a casa e despois xogamos un pouco por fóra na cama elástica, coa pelota no seu xardín. A súa irmá pequena tamén xogou con nós. Pasamos varias horas xogando, intercambiamos uns regaliños e despois comimos patacas fritas, salchichas e nuggets de polo. Xogamos a xogos de mesa, cun globo… Ao principio íamos un pouco nerviosas pero despois pasámolo moi ben! Si é certo que algunha vez tivemos que utilizar o tradutor pero entendímonos ben!

 

Dani Candia e David: A nosa familia foi a de Rune, tamén estivo con nós Lou. Fomos á súa casa e primeiro, xogamos un pouco con pistolas láser e uns chalecos. Despois xogamos outro pouco ao fútbol e fomos a comer espaguetis. Saltamos na cama elástica e fomos buscar a Dani R e Juan xunto cos seus compañeiros belgas para ir escalar. Tamén subimos unha especie de colina na que había un tobogán moi grande e varios laberintos. Ao principio pasamos algo de vergoña pero despois xa non. Foi unha experiencia inolvidable!

 

Besiños!

 

 



blog | by Dr. Radut